Margarida I de Borgoña
Margarida de Francia ou Margarida I de Borgoña[1], nada en 1309 e finada o 9 de maio de 1382, foi princesa de Francia, condesa de Borgoña e condesa de Artois de 1361 a 1382.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Marguerite de France ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1309 ![]() |
Morte | 9 de maio de 1382 ![]() París, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Política ![]() |
Ocupación | política ![]() |
Outro | |
Título | Conde de Borgoña ![]() |
Familia | Casa de Capeto (pt) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Louis Ier de Flandre (1320 (Gregoriano)–) ![]() |
Fillos | Lois II de Flandres ![]() |
Pais | Filipe V de Francia ![]() ![]() |
Irmáns | Blanche van Frankrijk Isabella of France, Dauphine of Viennois Xoana III de Borgoña ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarMargarida de Francia naceu en 1309, era a filla máis nova do rei Filipe V de Francia e da condesa Xoana II de Borgoña e de Artois.
En 1320, casou co conde Lois I (c. 1304-1346), conde de Flandres como Lois I (1322-1346), conde de Nevers como Lois II (1322-1346) e conde de Rethel como Lois II (c. 1325 -1346), unión da que naceu:
- Lois II de Flandres (1330-1384), chamado Luís II de Male, conde de Flandres e Luís III, conde de Nevers e Rethel (1346-1383), conde de Borgoña e Artois.
Na complicada herdanza do último duque de Borgoña da dinastía capetiana Filipe I os condados de Borgoña e Artois foron por lexítima herdanza á súa tía Margarida de Francia que era Margarida I de Borgoña e Artois.
Á súa morte en 1382, o seu fillo Luís herdou ambos títulos. Foi enterrada na abadía real de Saint-Denis.
A súa neta, a condesa Margarida III de Flandres, tamén coñecida como Margarida de Dampierre, herdeira dos condados de Flandres, Nevers, Rethel, Brabante e Limburgo, casou o 14 de maio de 1357 co seu curmán o duque Filipe I de Borgoña e, que nestes títulos, nominalmente e como "consorte" (uxor iure), precedeu á súa avoa como condesa de Borgoña e Artois. Finalmente, á morte en 1384 do seu pai Lois II de Flandres, Margarida de Dampierre herdou suo iure os mesmos dous títulos.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Margarida I de Borgoña |