Raúl III de Valois

Raúl III de Valois tamén chamado Raúl III de Vexin (por ser da casa condal de Vexin, aínda que nunca foi conde de Vexin) ou Raúl de Mantes[1], finado en 1060, foi conde de Valois. Era fillo de Gautier II o Branco (m. despois de 1017], conde de Vexin e de Amiens. Foi conde entre 1017/1024 e 1038.

Modelo:BiografíaRaúl III de Valois
Biografía
Nacemento992 Editar o valor en Wikidata
Morte1060 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Vexin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAdèle de Breteuil Editar o valor en Wikidata
FillosRaúl IV de Valois Editar o valor en Wikidata
PaiWalter II of Vexin Editar o valor en Wikidata
IrmánsDreux de Vexin
Oda de Vexin
Foulques de Vexin Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Vexin-7

Traxectoria

editar

Á morte do seu pai, para preservar o patrimonio familiar, os dous fillos mais vellos (Raúl e Dreux) [2] compartiron os condados. Dreux, o grande, recibiu o Vexin e Amiens e seguiu sendo fiel ao rei Capeto, mentres que Raúl obtivo o Valois e achegouse ao conde de Blois, máis tarde conde de Troyes e Meaux. Durante o seu goberno, o conde de Vermandois apoderouse do condado de Montdidier (excepto Coucy e Ramerupt), pero Raúl III arrebatoullo[3].

Casou con Adela de Breteuil, filla de Gilduíno, señor de Breteuil, vizconde de Chartres, e de Emmelina. Tiveron a:

  • Raúl IV de Valois, III de Vexin e Amiens, chamado o Grande (m. 1074), conde de Valois e despois de Vexin e Amiens (Raúl III).
  • Teobaldo (Thibaut).
  • Quizais tiveran outro fillo, Gautier, que foi señor de Guise en 1058[4].
  1. . Xenealoxía de Raúl de Mantes no enderezo Medieval Lands
  2. De feito había un segundo fillo, Folque, que foi bispo de Amiens; o pequeno, Guido, debía ser moi novo.
  3. Despois o seu fillo Raúl IV consolidou os dereitos por matrimonio con Leonor señora de Péronne, con dereitos sobre Montdidider
  4. Dominio que se tería consolidado de maneira hereditaria á abdicación de Simón de Vexin en 1077

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Pierre Bauduin, La Première Normandie (Xe-XIe siècles)
  • Édouard de Saint Phalle, «Les comtes de Gâtinais aux Xe et XIe siècle», en Onomastique et Parenté dans l'Occident médiéval, Oxford, Prosopographica et genealogica, 2000, 310 páxs. (ISBN 1-900934-01-9), páxs. 230-246

Ligazóns externas

editar