Théophile Rudolphe Studer

zoólogo suízo


Théophil Rudolf Studer (tamén coñecido como Théophile Studer e como Theophil Studer), nado o 27 de novembro de 1845 en Berna, e finado o 12 de febreiro de 1922 na mesma cidade, foi un médico e zoólogo suízo.[1][2]

Infotaula de personaThéophile Rudolphe Studer

Fotografía de Theophil Studer
Nome orixinal(de) Theophil Studer Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1845
Berna
Morte12 de febreiro de 1922
Berna
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalDoutor en Medicina
EducaciónUniversidade de Berna
Universidade de Leipzig
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Illas Kerguelen
Berna Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico, paleontólogo, zoólogo, profesor de universidade
EmpregadorUniversidade de Berna
Linguaalemán, francés
Participou en
21 de xuño de 1874Gazelle expedition (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaStuder Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHenriette Kappeler
PaisGottlieb Ludwig Studer  e Charlotte Schübler
Premios
Doutor Honoris Causa da Universidade de Lausana (1901)
Doutor Honoris Causa da Universidade de Xenebra (1916)

Traxectoria editar

Théophil Studer era fillo dun teólogo protestante bernés, Gottlieb Ludwig Studer, e da súa segunda esposa, de solteira Charlotte Schübler. Ingresou na Facultade de Medicina da Universidade de Berna en 1865 e aprobou o seu exame de Estado en 1870. Despois estudou zooloxía na Universidade de Leipzig. Seu tío Bernhard Studer, o primeiro xeólogo especializado en xeoloxía das montañas, animou os inicios de seu sobriño.[1]

Alistouse como médico militar voluntario durante a guerra franco-prusiana de 1870 nun rexemento de granadeiros do Reino de Saxonia, e formou parte das tropas que ocuparon Francia durante o Segundo Imperio Francés. Logo regresou a Berna para completar os seus estudos, alcanzando o seu doutoramento en Medicina.[1]

Uniuse é Sociedade de Naturalistas Suízos, da que foi presidente en 1896.

En 1872 foi contratado polo Museo de Historia Natural de Berna, do que desde 1878 foi o director das súas coleccións zoolóxicas, cargo que desempeñou até a súa morte.

Entre 1874 e 1876 participou, como convidado, nunha viaxe científica ao redor do mundo a bordo da corveta da Armada Imperial alemá S.M.S. Gazelle.[2] Nesta viaxe navegou até as illas Kerguelen para estudar o tránsito de Venus, permanecendo alí durante varios meses durante os cales Studer estudou a súa fauna. Logo, o barco navegou polos mares do Sur e visitou Oceanía, pasou o cabo de Fornos e navegou polo Atlántico visitando as illas Azores, para regresar a Kiel a finais de abril de 1876.

Dous anos despois do seu regreso, foi nomeado profesor de zooloxía e anatomía comparada na Escola de Medicina Veterinaria de Berna,[2][3] que en 1900 se converteu na Facultade de Veterinaria da Universidade de Berna, na que foi profesor de Zooloxía desde 1879. Nos períodos de 1884-1885 e 1908-1909, foi elixido decano da Facultade, e en 1891-1892, reitor da Universidade.

O doutor Studer estaba particularmente interesado na paleontoloxía e na ornitoloxía; nesta última está a orixe da publicación dun catálogo das aves de Suíza.[4] Tamén fou un apaixonado da cinoloxía e grazas a esta afección, o Museo de Historia Natural de Berna conta con máis de dous mil exemplares disecados de cans.

Studer presidiu o VI Congreso Internacional de Zooloxía que se celebrou en Berna en 1904.

Casou en 1880 con Henriette Kappeler. O matrimonio non tivo descendencia, pero Srtuder encontrou na súa esposa unha colaboradora que o acompañou toda a súa vida.

Algunhas publicacións editar

 
Théophil Rudolf Studer. Ilustración na súa necroloxía.

Con Victor Fatio publicou as tres primeiras achegas do Catalogue des oiseaux de la Suisse (Catálogo das aves de Suíza).[2][4]

Outras obras de Studer inclúen:

  • 1882. Übersicht ūber die Ophiuriden welche während der Reise S.M.S. "Gazelle" um die Erde 1874-1876 gesammelt Wurden.
  • 1882. Verzeichniss der Crustaceen welche während der Reise S.M.S. "Gazelle" an der Westküste von Afrika, Ascension und dem Cap der guten Hoffnung gesammelt wurden.
  • 1884. Verzeichniss der während der Reise S.M.S. Gazelle um die Erde, 1874-1876, gesammelten Asteriden und Euryalideen.
  • 1884. Isopoden, gesammelt während der Reise S.M.S. "Gazelle" um die Erde 1874-76.
  • 1894. Fauna Helvetica, Schweizerische Zoologische Gesellschaft, Verlag K.J. Wyss.
  • 1895. Fauna Helvetica. Oiseaux.
  • 1896. Fauna helvetica. Mollusques.
  • 1900. Résultats des campagnes scientifiques par Albert Ier, prince de Monaco. Fasc. XX.
  • 1901. Die praehistorischen Hunde in ihrer Beziehung zu den gegenwärtig lebenden Rassen, Verlag Zürcher und Furrer, Zürich.

Abreviatura editar

A abreviatura Studer emprégase para recoñecer a Théophile Rudolphe Studer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Baumann, F. & H. Bloesch (1922): Prof. Dr. Theophil Studer (1845–1922). En Verhandlungen der Schweizerischen Naturforschenden Gesellschaft, 103. Jahresversammlung vom 24. bis 27. Agosto 1922, Bern, Kommissionsverlag H. R. Sauerländer & Cie, Aarau, pp. 50–67.

Ligazóns externas editar