Escola de gaitas de Ortigueira
A Escola de gaitas de Ortigueira é unha agrupación folclórica fundada no ano 1975. Foi a primeira banda de gaitas creada en Galiza e a impulsora do nacemento do Festival de Ortigueira.
Escola de gaitas de Ortigueira | |
---|---|
Orixe | Ortigueira, Galicia |
Período | 1975 - Actualidade |
Xénero(s) | Música tradicional galega |
Na rede | |
escoladegaitas | |
Traxectoria
editarA escola de gaitas naceu o 17 de outubro de 1975 a iniciativa do músico Xabier Garrote Cobelo.[1] A súa idea era crear unha escola que fomentase o interese pola música tradicional galega. Coa escola naceu tamén a banda de gaitas da escola, a primeira agrupación musical galega destas características.[2]
O seu primeiro director da escola foi Xabier Garrote, continuando o seu traballo ou outros membros fundadores da agrupación: César Muíño Fidalgo e Javier Pena Bossa. Desde 2004 dirixe a banda Rodrigo López, ex-compoñente do grupo folk Bágoa da Raíña.
Entre o repertorio da banda de gaitas predominan as composicións tradicionais galegas compiladas en cancioneiros como o Cantigueiro popular de Marcial Valladares Núñez, o Cancioneiro musical de Galicia de Casto Sampedro Folgar ou o Cancioneiro popular galego, de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina. Tamén interpretan pezas de compositores galegos como Suso Vaamonde, Henrique Otero ou Xosé Presedo, e obras compostas especialmente para o grupo como Regueifas da Gaita de Xosé Lois Foxo, Ledicias da Vila Ortegán de Rogelio de Leonardo Bouza, Os garabullos de Ortigueira de Antón Corral ou a Ortigueira Suite de Ernesto Campos.
Festival internacional do mundo celta
editar- Artigo principal: Festival Internacional do Mundo Celta.
No ano 1977 a banda de gaitas foi convidada a participar na sétima edición do Festival intercéltico de Lorient, daquela visita naceu a idea de organizaren un evento similar en Ortigueira con protagonismo da música celta e da música tradicional galega. O 30 de xullo de 1978 celebrouse a primeira edición do Festival de Ortigueira, daquela Festival internacional do mundo celta, xestionado e organizado integramente pola Escola de gaitas e que co pequeno orzamento de 6000 euros conseguiu atraer a 9000 persoas. A Escola organizou tamén nas seguintes edicións do festival até a súa suspensión temporal no ano 1987.[3]
Premios e recoñecementos
editar- 1978 - 1º premio na primeira edición do Concurso de Gaitas Galegas. Pontevedra
- 1980 - 1º premio no Concurso de Baile e Música de Galicia de Cambre
- 1983 - Premi Plaça Major pola Escola Superior de Tecnics en Animacio Socio-Cultural i Turistica de Barcelona.
- 2003 - Gaita de Prata, Mención Honorífica no premio Constantino Bellón.[4]
Actuacións
editar- Festival de Ortigueira, en todas as súas edicións dende 1978.
- Festival Intercéltico de Lorient, en tres ocasións: 1977, 1983 e 2010.
- Concerto con Milladoiro no Parque de Castrelos de Vigo en 1981.
- Festival de Bandas de Gaitas Villa de Candás, Asturias, en 1997, 1998 e 2004.
- Festival Internacional de Figueira da Foz, 1999.
- Festival de musiques du monde de Confolens, 2003.
- Festival Internacional de Gaitas de Gijón, 2004.
- VIII Festival Intercéltico de Sendim, 2007.
- Festival de Bandas de Gaitas Villa de Navia, 2014.
- X Festival Folk As Portelas; Lubián, 2014.[5]
- Desfile temático das Festas Patronais de Guadalaxara, 2014.
- Festival Internacional de Folk de Guecho, 2015.
- En marzo de 2015 participou no desfile do día de San Patricio en Nova York.[6]
- Encontro de bandas de Praia de Mira, 2016.
Notas
editar- ↑ "Escola de Gaitas de Ortigueira". web.archive.org. 2020-06-05. Archived from the original on 05 de xuño de 2020. Consultado o 2021-06-30.
- ↑ "Escola de Gaitas de Ortigueira". festivaldeortigueira.com. Consultado o 2021-06-30.
- ↑ Bustabad, Lorena (2011-07-09). "La crisis sacude Ortigueira". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-06-30.
- ↑ "Doce gaiteiros se disputan el premio ferrolano Constantino Bellón". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-08-29. Consultado o 2021-06-30.
- ↑ Saavedra, Araceli (2014-08-09). "Una década de folk en As Portelas". La Opinión de Zamora (en castelán). Consultado o 2021-06-30.
- ↑ "Ortigueira desfila en la Quinta Avenida". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-03-18. Consultado o 2021-06-30.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escola de gaitas de Ortigueira |