Cancioneiro Popular Galego

(Redirección desde «Cancioneiro popular galego»)

O Cancioneiro popular galego, é un traballo de investigación realizado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina e promovido pola Fundación Barrié, que recolle unha amplísima recompilación das cancións populares do país. Esta obra supón a máxima achega realizada até o momento na área de coñecemento e conservación do folclore musical de Galicia. Cada un dos sete volumes divídese nun tomo de melodías e partituras e outro de letras.[1]

O traballo de recolleita levouse a cabo, entre 1978 e 1983 por Dorothé Schubarth, coa inestimábel axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, como quedou dito, editados pola Fundación Barrié en 1984, que apoiou economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.[2]

Notas editar

  1. Fundación Barrié (24 de abril de 2020). "Cancioneiro Popular Galego". Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  2. Mapa sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar