Esan Ozenki Records

(Redirección desde «Esan Ozenki»)

Esan Ozenki (en galego: «Dío alto» ou «Berra forte») foi unha discográfica de Euskadi que existiu entre 1991 e 2001, chegando a editar 200 traballos. Foi fundada polo grupo musical Negu Gorriak. Cando o grupo se disolveu definitivamente no 2001, desapareceu tamén Esan Ozenki. Despois dunha reorganización, converteuse en Metak. Paralelo a Esan Ozenki apareceu o subselo Gora Herriak («Vivan os pobos»), co que editaron material de artistas de fóra de Euskal Herria (Inadaptats, de Cataluña; Antón Reixa, de Galicia; Hechos Contra el Decoro, de Madrid, Banda Bassotti, de Italia; Todos Tus Muertos, da Arxentina; Zebda, de Francia...).

Esan Ozenki Records
Tiposelo discográfico
Data de fundación1991
Data de disolución2001
Fundador(es)Fermin Muguruza
PaísEspaña
Na rede
http://www.esanozenki.com
Inguma: esan-ozenki
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A discográfica aflorou no panorama musical vasco en 1991, cando o grupo Negu Gorriak decidía apostar pola autoxestión e autoedición. Crearon así Esan Ozenki, en principio ideada para editar o seu propio material e o de grupos vascos que cantasen en éuscaro e cos que tiñan certa afinidade política:

Dispostos a romper todas as barreiras idiomáticas que impoñen os poderosos mantemos o Euskara (lingua vasca) como vehículo de expresión e principal sinal de identidade tanto do propio selo como de todos os grupos que representamos

No seu modo de funcionamento, o grupo fixouse en pequenos selos independentes como Dischord, Factory Records ou Alternative Tentacles. A organización, polo tanto, era horizontal e asemblearia. Non había pagos por copia vendida, senón que os beneficios repartíanse ao 50% entre a discográfica e o grupo. Esan Ozenki facíase cargo dos gastos de gravación, produción e masterización, así como da promoción. Para a distribución empregaron distribuidoras independentes por toda Europa, Xapón, Latinoamérica e Estados Unidos.

O nome Esan ozenki é o título da primeira canción do primeiro disco de Negu Gorriak, que á súa vez aludía á canción de James Brown «Say It Loud / I'm Black and I'm Proud» («Dío en alto / Son negro e estou orgulloso»).

Aínda que a súa estratexia primixenia era difundir e potenciar o uso do éuscaro na música, esta viuse superada en 1994, cando crearon o subselo Gora Herriak, co que editaron material de grupos que non cantaban en vasco, internacionalizando así o seu catálogo. Os primeiros proxectos do subselo foron Dale Aborigen dos arxentinos Todos Tus Muertos e Avanzo Di Cantiere dos italianos Banda Bassotti.

Cando Negu Gorriak gañou o xuízo contra Enrique Rodríguez Galindo polo tema Ustelkeria (podremia), os membros do grupo decidieron reorganizar a compañía, pois Negu Gorriak disolvíase e a discográfica tamén o fixo. Así, cando Negu Gorriak se separaron definitivamente en 2001, a compañía reorganizouse como Metak.

editar

Esan Ozenki

editar

Gora Herriak

editar

Recompilatorios

editar

Esan Ozenki tamén editou unha serie de recompilatorios con cancións dos diferentes artistas que tiña en catálogo:

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar