Enrique Peña Nieto, nado en Atlacomulco de Fabela (Estado de México) o 20 de xullo de 1966, é un político e avogado mexicano. Foi gobernador do Estado de México entre 2005 e 2011, foi presidente do país dende o 1 de decembro de 2012 ata 30 de novembro de 2018.[1]

Modelo:BiografíaEnrique Peña Nieto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Atlacomulco de Fabela, México Editar o valor en Wikidata
64º Presidente de México
1 de decembro de 2012 – 1 de decembro de 2018
← Felipe CalderónAndrés Manuel López Obrador →
Governor of the State of Mexico (en) Traducir
16 de setembro de 2005 – 16 de setembro de 2011
← Arturo Montiel Rojas Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEPN Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPozuelo de Alarcón (2019–) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Panamericana
Instituto Tecnológico e de Estudos Superiores de Monterrey (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura169 cm Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Revolucionário Institucional (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014
2013cumio do APEC de 2013 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAngélica Rivera Hurtado (2010–2019) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2015Enrique Peña Nieto conflict of interest scandal (en) Traducir
Papeis de Panamá Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webenriquepenanieto.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: EnriquePN Twitter: EPN Instagram: penanieto Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

Nado en Atlacomulco, Peña Nieto é descendente dunha longa saga de políticos locais. É bisneto de Severiano Peña, quen foi alcalde da vila de Acambay en catro ocasións, en 1914, 1916, 1921 e 1923. Ademais é parente, tanto por parte da nai como pola do pai, de dous ex gobernadores: o pai era curmán de Alfredo del Mazo González e a súa nai era filla de Constantino Enrique Nieto Montiel, parente á súa vez de Arturo Montiel Rojas. Estudou a carreira de Dereito na Universidade Panamericana e un mestrado en Administración de empresas no Instituto Tecnolóxico e de Estudos Superiores de Monterrey.[2]

En 1984 afiliouse ao Partido Revolucionario Institucional (PRI) daquela no poder baixo o goberno de Miguel de la Madrid. Entre 1985 e 1986 traballou como avogado para o despacho Laffan Muse & Kaye, e colaborou na Corporación Industrial San Luis. En 1986 comezou a traballar nunha notaría do Distrito Federal e como parte do equipo de Fausto Rico Álvarez; a partir de 1988 exerceu a súa profesión por libre. Entrementres, participaba xa nas súas primeiras actividades políticas.

En maio de 1990 foi secretario do Movemento Cidadán da Zona I do Comité Directivo Estatal da Confederación Nacional de Organizacións Populares. Un ano máis tarde participou como delegado da Fronte de Organizacións e Cidadáns en diversos concellos do estado de México e foi tamén instrutor do Centro de Capacitación electoral do Partido Revolucionario Institucional. O seu traballo no Partido conduciuno a responsabilidades cada vez maiores: entre abril e xullo de 1993 foi tesoureiro do Comité de Financiamiento do Comité Directivo Estatal do PRI na campaña do candidato a gobernador Emilio Chuayffet Chemor. Seis anos máis tarde, en 1999, chegaría a ser subcoordinador financeiro da campaña do seu parente, o gobernador Arturo Montiel Rojas.

Entre 1993 e 1998, durante a xestión de Emilio Chuayffet, foi secretario particular do secretario de Desenvolvemento Económico do goberno do Estado de México, Juan José Guerra Abud, e posteriormente foi subsecretario de Goberno do Estado de México de 1999 a 2000.[3]

Entre 2000 e 2002 foi Secretario de Administración do goberno do estado de México, presidente do Consello Directivo do Instituto de Seguridade Social do Estado de México e Municipios, Presidente do Consello Interno do Instituto de Saúde do Estado de México e vicepresidente da Xunta de Goberno do Sistema para o Desenvolvemento Integral da Familia (DIF) do Estado de México. Ao mesmo tempo foi asociado individual do Instituto Nacional de Administración Pública (México) e membro dos consellos de administración de varios organismos públicos descentralizados.

Como gobernador do estado de México

En 2003, Peña Nieto foi nomeado candidato a deputado local para a LV Lexislatura polo Distrito XIII, con cabeceira en Atlacomulco. Entre setembro de 2003 e setembro de 2004 foi coordinador do grupo parlamentario do Partido Revolucionario Institucional na LV Lexislatura na Cámara de Deputados do Estado de México, e presidiu a Xunta de Coordinación Política do Congreso Local. O17 de outubro de 2004 iniciouse formalmente o proceso interno do Partido Revolucionario Institucional para a designación de candidato a Gobernador do estado de México, e Peña Nieto foi precandidato xunto con Guillermo González Martínez, Óscar Gustavo Cárdenas Monroy, Jaime Vázquez Castillo, Eduardo Bernal Martínez, Fernando Alberto García Cuevas, Cuauhtémoc García Ortega, Isidro Pastor Medrano, Enrique Jacob Rocha, Héctor Luna de la Vega e Carlos Hank Rhon. Finalmente, e grazas a uns certificados de residencia de máis de sete anos no estado de México, puido inclinar a balanza ao seu favor e presentarse como candidato o 12 de febreiro de 2005 da coalición formada polo Partido Verde Ecoloxista de México e o Partido Revolucionario Institucional.[4]

Durante a campaña enfrontouse aos seus opositores, os candidatos da Alianza do Partido Acción Nacional e Convergencia, Rubén Mendoza Ayala e do Partido da Revolución Democrática e do Partido do Traballo, Yeidckol Polevnsky. Finalmente o 3 de xullo de 2005 foi elixido Gobernador do Estado de México mais as impugnacións impediron que ata o 12 de agosto Peña Nieto fose referendado como gobernador. Obtivo o 49% dos votos, mentres que tanto Polevnsky coma Mendoza quedaban no 25%. O 15 de setembro de 2005 Peña Nieto tomou posesión como gobernador. A súa política caracterizouse pola colaboración e o traballo conxunto con Marcelo Ebrard, xefe de goberno do Distrito Federal, con acordos en seguridade, medio ambiente, emprego e transporte.

Uns meses despois, o 3 de maio de 2006 a forza pública interveu na vila de Atenco, tras un conflito que enfrontou os habitantes desa localidade, oito vendedores de flores e a policía, e que se saldou cunha forte intervención das forzas policiais e a detención de 211 persoas. Peña Nieto promoveu a investigación policial e xudicial dos feitos, co resultado dun informe onde se narraban todo tipo de abusos, incluídas 26 mulleres violadas[5].

En decembro de 2008 unhas obras de son e luz que Peña Nieto impulsara nas Pirámides de Teotihuacán, chamadas Resplandor teotihuacano, foron paralizadas polo Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia[6] porque supostamente danaban a súa estrutura. Peña Nieto ordenou a continuación das obras, aínda que tiveron que empregar formigón para cubrir o oco deixado por uns raís. Despois de enfrontar a oposición veciñal, o Consello Internacional de Monumentos e Sitios, adscrito á Unesco, ditaminou que as obras no sitio debían deterse.[7]. A esta protesta houbo que sumarlle a da Comisión de Cultura da Cámara de Deputados de México, mais o goberno de Peña Nieto anunciou o 22 de xuño de 2009 que as obras en Teotihuacan continuarían[8] para o que os obreiros repararon o dano causado ata daquela.

Candidato á Presidencia da República en 2012

O 27 de novembro de 2011, Peña Nieto acudiu á sede nacional do PRI para entregar a documentación e recibir a constancia que o acredita como precandidato de Partido Revolucionario Institucional, con miras ás eleccións presidenciais do 2012.[9]

Vida persoal

En 1993 casou con Mónica Pretelini con quen tivo tres fillos. En 2007 Pretelini faleceu por unha crise epiléptica que derivou nunha arritmia cardíaca.[10]. En 2008 Peña Nieto anunciou publicamente nun programa de televisión o seu noivado coa actriz Angélica Rivera.[11]. O 27 de novembro de 2010 casan na catedral de Toluca.[12]

Notas

  1. Folha Online. "Em meio a protestos, novo presidente mexicano promete 'cruzada contra fome'" (en (en portugués)). Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  2. Quién soy Arquivado 18 de maio de 2013 en Wayback Machine. Web oficial. 9 de outubro de 2011.
  3. Biografía de Enrique Peña Nieto en
  4. "Rinde protesta el candidato del PRI a la gubernatura del estado de México". El Universal (en castelán). 13 de febreiro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2019. 
  5. Recomendación 038/2006 Arquivado 22 de maio de 2009 en Wayback Machine. CNDH, 16/10/2006
  6. Suspende el INAH las obras del Resplandor teotihuacano La Jornada, 24/12/2008
  7. Icomos-México dictamina que se deben parar obras en Teotihuacan La Jornada, 14/1/2009.
  8. En Teotihuacán "Continuamos trabajando": vocero de Peña Nieto La Jornada, 22/6/2009
  9. https://archive.today/20120629062833/www.unomasuno.com.mx/notimomento/notivial/20313-raul-ruiz-venegas-enrique-luna.html
  10. "Declaran muerte cerebral a Mónica Pretelini - El Universal". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2012. Consultado o 05 de decembro de 2011. 
  11. ""Somos novios, sí". Enrique Peña Nieto confirma en el programa Shalalá que mantiene una relación con la actriz Angélica Rivera - El Universal". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2012. Consultado o 05 de decembro de 2011. 
  12. Peña Nieto e Angélica Rivera xa están casados Arquivado 30 de novembro de 2010 en Wayback Machine. Milenio Diario, 27/11/2010.

Véxase tamén

Ligazóns externas