Enrique Beotas

xornalista español


Enrique Beotas López, nado en Ávila en 1955 e finado o 24 de xullo de 2013, no accidente de Angrois, foi un xornalista, publicista e propagandista español de orixe galega.

Infotaula de personaEnrique Beotas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Enrique Beotas López Editar o valor em Wikidata
1955 Editar o valor em Wikidata
Ávila, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xullo de 2013 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Angrois, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente de Angrois Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Formación editar

Licenciado en Xornalismo e Publicidade pola Universidade Complutense de Madrid.[1]

Carreira profesional editar

Entre outros cargos, ao longo da súa traxectoria profesional, sempre en torno aos diferentes aspectos da comunicación de masas, foi Coordinador Xeral Técnico do Padroado Municipal de Turismo do Concello de Madrid durante a alcaldía de Enrique Tierno Galván, Fundador e Xefe da Oficina de Información de Alianza Popular, Coordinador Xeral Técnico de redes sociais do Partido Popular e Director de Comunicación da campaña electoral de Manuel Fraga en Galicia.[2]

Tamén foi director xeral da división de publicidade corporativa de YR, director xeral de Capital Image, director de contas de Burson Marsteller, director de Relacións Exteriores de Antena 3, subdirector xeral de Comunicación e Relacións Institucionais do grupo radiofónico Onda Cero, director de Relacións Institucionais e Corporativas de “Unidad Editorial”, Director Xeral de Relacións Institucionais e Responsabilidade Corporativa do Grupo Acciona, Presidente e Fundador do Grupo Quator e Vicepresidente da Federación de Asociacións Profesionais de Radio e Televisión.[3]

Colaborou en medios impresos como Marca, Ya, La Información de Madrid, El Mundo, La Razón, Grupo Promecal ou El Correo Gallego, ademais de revistas como Actualidad Española, Ronda Iberia ou Gaceta Ilustrada, entre outras moitas.[4]

É o creador de La Rebotica, un programa radiofónico sociosanitario, con máis de 20 anos de éxito en emisoras de radio como: Onda Cero Radio, 'Radio España', 'Radio Voz', Cadena SER, Cadena COPE, 'Punto Radio', 'Gestiona Radio' ou 'Radio Obradoiro'.

Tamén é o creador de Autor Autor, un programa de radio dedicado aos creadores españois, que en 2008, o Ministerio de Cultura concedeu o Premio Nacional de Fomento da Lectura. É autor e editor da triloxía composta Por las Puertas de Madrid, Los Parques de Madrid e Madrid no te Olvida.

É autor de títulos como Sonatine pour Ivette e Manuel Fraga: Cuaderno de notas de una vida. Tamén é coautor de Los Pasos de Canogar . Escribiu e editou Lamazares: Apuntes Intimimos, Modesto Seara: la mirada universal, Gerardo Fernández Albor: la elegancia del compromiso e Carlos Moor: las raíces de un sueño que en 2014 foi galardoado nos Premios Gourmand.

En colaboración con El Correo Gallego, onde cada sábado saían as súas entrevistas A Modiño [5], publicou 10 volumes da colección Galicia Sexta Provincia, que recolle as súas máis de 300 conversas con notables galegos espallados por todo o mundo.

Tamén é coautor e editor do libro de entrevistas Authors of Life. Editou tres entregas de Ser Extremeño, sete de Castellanos y Leoneses por Derecho, e cinco de Médicos de Rebotica, todas elas en coautoría con diversos autores. Tamén editou o libro Virtuosos del Fogón así como 15 entregas da colección Cuentos de Rebotica.

Morte editar

O 24 de xullo de 2013, viaxaba no tren Alvia 730 que descarrilou en Angrois, preto de Santiago de Compostela causando 79 mortos e 143 feridos Beotas foi unha das vítimas.[6] Nese momento traballaba nunha biografía de Romay Beccaría.

Recibiu postumamente a Medalla de Galicia.[7]

Notas editar

Véxase tamén editar