Emilio Buale

actor ecuatoguineano

Ludwig Emilio Buale Coka, nado o 26 de novembro de 1972, é un actor ecuatoguineano radicado en España.

Infotaula de personaEmilio Buale

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ludwig Emilio Buale Coka Editar o valor em Wikidata
26 de novembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Malabo (Guinea Ecuatorial) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuinea Ecuatorial
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , Bombeiro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0117763 Allocine: 507752 Allmovie: p215080
Facebook: ludwigemilio.bualecoka LinkedIn: emilio-buale-046aa05a Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Guinea Ecuatorial, mudouse a España cos seus pais e irmáns cando tiña seis anos de idade. A súa carreira como actor comezou cando foi descuberto polo director de casting Paco Pino en 1995. Ámbolos dous estaban agardando polo metro nunha estación en Madrid. Deste xeito, Emilio conseguiu o seu primeiro papel ó interpretar a Ombasi no filme de Imanol Uribe, Bwana (1996). Por este papel obtivo un nomeamento ó Premio Goya como Mellor Actor Revelación. Despois diso, Emilio estudou para enxeñeiro de construción, ademais de traballar como bombeiro.

Buale continuou traballando en filmes, series de televisión e, especialmente, en teatro. Tamén foi membro da Compañía Nacional de Teatro Clásico por dous anos, facendo aparicións en obras como "La entretenida", "Amar después de la muerte", "Los chicos de la banda" e "Yonquis y Yanquis".

[1] [2]

Buale fala de forma fluída a lingua bubi, inglés, francés e castelán. Actualmente segue a traballar como bombeiro en Madrid, de feito, interpretou a bombeiros nalgúns filmes e series de televisión:

  • "Código fuego" (2003)
  • "Semen, una historia de amor" (2005)
  • "La que se avecina" (2007) - un episodio da terceira tempada

Filmografía editar

Filmes editar

Curtametraxes editar

Televisión editar

Nomeamentos editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar