Elite Ice Hockey League

A Elite Ice Hockey League ou EIHL, é a liga profesional de hóckey sobre xeo do Reino Unido. A competición foi creada en 2003 en substitución da Ice Hockey Superleague, é a máxima categoría do hóckey sobre xeo británico. Inicialmente o seu patrocinador foi Rapid Solicitors. Ao longo da súa historia catro equipos se teñen alzado co campionato da liga, sendo o equipo máis laureado os Coventry Blaze con catro títulos.

Elite Ice Hockey League
Nottingham Panthers vs Cardiff Devils April 2011.jpg
Fundación2003
RexiónReino Unido Reino Unido
Equipos10
Actual campiónSheffield Sheffield Steelers (3º título)
Máis laureadoCoventry Coventry Blaze (4 títulos)
TelevisiónPremier Sports
Sitio webeliteleague.co.uk
Hockey current event.svg EIHL 2013-2014

Actualmente a liga está formada por dez equipos, con representación das catro Home Nations, sendo a única competición deportiva na que isto ocorre. Dende a tempada 2012-13 a liga dividiuse en dúas conferencias: unh conferencia norte denominada Gardiner Conference (así chamada en honor ao xogador escocés e antigo porteiro na NHL Charlie Gardiner[1]), formada por Braehead Clan (Escocia), Dundee Stars (Escocia), Edinburgh Capitals (Escocia), Fife Flyers (Escocia) e Hull Stingrays (Inglaterra); e unha conferencia sur chamada Erhardt Conference (en honor ao inglés Carl Erhardt, que en 1936 gañou a medalla de ouro olímpica na modalidade[1]), integrada polos Belfast Giants (Irlanda do Norte), Cardiff Devils (Gales), Coventry Blaze (Inglaterra), Nottingham Panthers (Inglaterra) e Sheffield Steelers (Inglaterra).

ClubsEditar

Club Fundación Cidade Estadio Capacidade Anos na EIHL Campionatos
Belfast Giants 2000   Belfast Odyssey Arena 8.000 2003–presente 1
Braehead Clan 2010   Glasgow Braehead Arena 3.750 2010–presente 0
Cardiff Devils 1986 Cardiff Cardiff Arena 2.500 2003–presente 0
Coventry Blaze 2000   Coventry SkyDome Arena 3.600 2003–presente 1
Dundee Stars 2001   Dundee Dundee Ice Arena 3.300 2010–presente 0
Edinburgh Capitals 1998   Edimburgo Murrayfield Ice Rink 4.800 2005–presente 0
Fife Flyers 1938 Kirkcaldy Fife Ice Arena 4.280 2011–presente 0
Hull Stingrays 2003   Kingston upon Hull Hull Arena 3.000 2006–presente 0
Nottingham Panthers 1946 Nottingham National Ice Centre 8.000 2003–presente 4
Sheffield Steelers 1991   Sheffield Motorpoint Arena Sheffield 13.500 2003–presente 4

Antigos clubsEditar

Club Fundación Cidade Estadio) Capacidade Anos na EIHL
Basingstoke Bison 1988 Basingstoke Planet Ice Silverdome Arena 1.800 2003–2009
London Racers 2003   Waltham Forest (Londres) Lee Valley Ice Centre 1.200 2003–2005
Manchester Phoenix 2003   Manchester
Altrincham
Manchester Arena
Altrincham Ice Dome
2.150 2003–2009
Newcastle Vipers 2002   Newcastle upon Tyne
Whitley Bay
Metro Radio Arena
Whitley Bay Ice Rink
3.000 2005–2011

PalmarésEditar

Tempada Campión Resultado Finalista Campión da liga regular
2013-14   Steelers 3 - 2   Giants -   Giants
2012-13 Panthers 3 - 2   Giants - Panthers
2011-12 Panthers 2 - 0 Devils -   Giants
2010-11 Panthers 5 - 4 Devils -   Steelers
2009-10   Giants 3 - 2 Devils -   Blaze
2008-09   Steelers 2 - 0 Panthers -   Steelers
2007-08   Steelers 2 - 0   Blaze -   Blaze
2006-07 Panthers 2 - 1 Devils -   Blaze
2005-06   Vipers 2 - 1   Steelers -   Giants
2004-05   Blaze 2 - 1 Panthers -   Blaze
2003-04   Steelers 2 - 1 Panthers -   Steelers

A final dos "play-offs" xógase a partido único, o resultado é o resultado do partido á súa conclusión, sen indicar se o campión foi na prórroga ou nos "sootouts".

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Erhardt and Gardiner". Elite Ice Hockey League. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2013. Consultado o 8 August 2012.