Elena Zernova
Elena Zernova (en ruso Елена Зернова), nada en San Petersburgo en 1951, é unha profesora e tradutora rusa. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2017[1].
Elena Zernova | |
---|---|
Nacemento | 1951 |
San Petersburgo | |
Nacionalidade | Rusia |
Alma máter | Universidade Estatal de San Petersburgo |
Ocupación | tradutora e profesora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Traduciu e publicou máis de trinta obras literarias ao ruso do galego, castelán, catalán e inglés. Licenciouse en filoloxía hispánica na Universidade Estatal de Leningrado e defendeu en 1976 a súa tese de doutoramento en filoloxía románica. Exerce como catedrática de filoloxía románica na Universidade de San Petersburgo (USP). Como investigadora publicou máis de setenta traballos científicos e foi relatora en máis de corenta congresos internacionais [2]. Pertence á Unión de Escritores de Rusia e mais á de San Petersburgo e dirixe o Centro de Estudos Galegos mais o Centro de Estudos Cataláns da USP.
É responsable da colección Antoloxía da Literatura Galega sobre a historia da literatura galega que publica a Universidade de San Petersburgo dende 1995, na que é coordinadora, seleccionadora e tradutora, e que conta con 20 volumes. Traduciu Xa vai o griffón no vento, Noa de Alfredo Conde, A lingua das bolboretas de Manuel Rivas ou Ser ou non de Xurxo Borrazás. Polo seu labor recibiu en 2016 o Premio Cultura Galega de Proxección Exterior [3].
Editou oito antoloxías bilingües de poetas cataláns, entre elas: L'ombra de l'altre mar. Poesia catalana contemporània (2000) e Temps de miralls exactes: vint dones poetes de parla catalana del segle XX (2001) e publicou en ruso Antologia de contes catalans contemporanis (2006) e unha escolma de Pere Calders (2007). Tamén traduciu ao ruso a obra de Santiago Rusiñol. Tamén traduciu ao autor vasco Bernardo Atxaga.