Eladio Freire García
Eladio Freire García, coñecido como Andarín, nado en Vilaboa (Rutis, Culleredo) o 19 de xaneiro de 1902, foi un político e sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1902 (122 anos) Vilaboa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , sindicalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarFillo de Consuelo García Sánchez. Militante do PCE, en 1932 fundou o Club Obrero na Corveira. Foi un dos organizadores do Ateneo de la Villa de Rutis da CNT. Foi candidato do PCE nas eleccións de 1933. Foi vicepresidente do Sindicato de Albañiles y Ayundantes La Aurora Social da CNT coruñesa. En marzo de 1936 foi nomeado membro da corporación municipal de Culleredo e elixido primeiro tenente alcalde. Foi presidente do Radio Comunista Comarcal de Vilaboa. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse e conseguiu fuxir na evasión de La Libertaria desde Fonte Culler. Conseguiu pasar ao bando leal e foi secretario de organización suplente da Solidaridade Galega Antifeixista de Barcelona. En febreiro de 1939 cruzou a fronteira francesa e foi internado no campo de concentración de Argèles-sur-Mer. Despois exiliouse en México, arribando a Veracruz o 7 de xullo de 1939.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pereira Martínez, Carlos (2005). "A represión franquista en Culleredo. Unha aproximación inicial" (PDF). A represión franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria. Narón, 4 a 7 de decembro de 2003. Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática. pp. 485–486. Consultado o 31 de outubro de 2014.