El Agrario Barcalés
El Agrario Barcalés foi un periódico agrarista de Negreira en lingua castelá. Publicouse de 1921 a 1928.[1]
El Agrario Barcalés | |
---|---|
Fundación | 6 de setembro de 1921 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Negreira |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Órgano de la Federación de las Asociaciones Agrarias del partido de Negreira e desde o número 6 Órgano de la Federación de las Asociaciones Agrarias del partido de Muros-Negreira, foi unha publicación agrarista que apareceu o 6 de setembro de 1921. Inicialmente era mensual, publicábase o primeiro domingo de cada mes, e desde o número 49 pasou a publicarse quincenalmente. Estaba dirixido por Manuel Ruso Alonso e Luís Pereiro González era o redactor-xefe.[1][2] Colaboraron nel Uxío Carré Aldao, Antón Villar Ponte, Prado Lameiro, Avelino Rodríguez Elías, Manuel Bergueiro, Antonio Reino Caamaño e Salvador García-Bodaño Fernández. Incluía información sobre o agrarismo e a comarca da Barcala. Era partidario de José María Paramés candidato conservador a deputado pola circunscrición de Muros-Negreira. Mantivo polémicas con Hércules e Unión de Teo y Vedra. O último número coñecido é o 100, aparecido o 15 de outubro de 1929.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Fabeiro Gómez, Manuel (2005). "Agrario Barcalés, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. II. Publicacións Periódicas. Editorial Galaxia. pp. 25–26. ISBN 84-8288-137-X.
- ↑ El Despertar Gallego, 6-1-1929, p. 5.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Agrario Barcalés, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Liñares Giraut, A. (1986). O Val de Barcala (1900-1936). Agrarismo, vida política, emigración e cultura. Santiago: Feiraco-Imprenta Minerva.
- ———; Lista Liñares, Omayra (2007). Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX. Ames: TresCtres. pp. 107–119. ISBN 978-84-935562-7-3.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.