Abrir o menú principal

Salvador García-Bodaño Fernández

procurador, xornalista, escritor e agrarista galego
Non confundir con Salvador García-Bodaño Zunzunegui (fillo).

Salvador García-Bodaño Fernández, nado en Negreira o 13 de abril de 1896 e finado en Santiago de Compostela o 20 de novembro de 1955, foi un procurador, xornalista, escritor e agrarista galego.

Salvador García-Bodaño Fernández
Salvador García-Bodaño Fernández 1931.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1931.
Nacemento13 de abril de 1896
 Negreira
Falecemento20 de novembro de 1955
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
FillosSalvador García-Bodaño
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cando estudante universitario colaborou como correspondente no xornal La Raza do Río de Xaneiro, foi redactor de La Zarpa e tamén se dedicou á literatura. Foi un destacado dirixente do agrarismo barcalés: dirixiu o periódico A Fouce de Negreira, participou na constitución da Federación das Asociacións Agrarias do partido de Muros-Negreira e sufriu un atentado seguido dun proceso. En 1921 presentouse como candidato agrario-galeguista á Deputación da Coruña polo distrito de Negreira, pero fracasou no intento. En agosto de 1923 foi detido con Manuel Ruso Alonso por promover unha reunión ilícita[1] e viuse involucrado nun procesamento que continuou durante a ditadura de Primo de Rivera. Exerceu como procurador dos Tribunais en Santiago de Compostela e foi vicedecano do colexio profesional. Na década dos anos trinta fundou e dirixiu unha revista de procuradores en Madrid.

Foi pai de Salvador García-Bodaño Zunzunegui.

ObrasEditar

  • Páginas de mi vida, 1925.
  • Nubes y sombras, 1927.[2]
  • Hojas del corazón, 1928.[2]

Galería de imaxesEditar

 
 

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 31-8-1923, p. 4.
  2. 2,0 2,1 Ilustrado por Camilo Díaz Baliño.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar