A Fouce (Negreira)

A Fouce foi un periódico aparecido en Negreira en 1919.

A Fouce
LocalidadeNegreira
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Subtitulado Boletín quincenal. Orgo d'a Federación Agrario-Rexionalista de Barcala, apareceu en xullo de 1919. Era o órgano da Federación, próxima aos conservadores. Estaba dirixido por Salvador García-Bodaño Fernández e entre os seus colaboradores figuraron José Carbonell Alsina, Manuel Ruso Alonso e Manuel Puñal Leis. Publicaba en galego máis de dúas das súas catro páxinas. O último número coñecido é o 4, aparecido o 21 de setembro de 1919.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar