Edgar Alexander Mearns

ornitólogo e naturalista de campo estadounidense


Edgar Alexander Mearns, nado o 11 de setembro de 1856 en Highland Falls (Estado de Nova York) e finado o 1 de novembro de 1916 na cidade de Washington, foi un notábel ornitólogo e naturalista de campo estadounidense.

Infotaula de personaEdgar Alexander Mearns

Edgar Alexander Mearns contra 1900
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1856 Editar o valor em Wikidata
Highland Falls (Estado de Nova York)
Morte1 de novembro de 1916 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
Formación profesionalLicenciadio en Medicina e Cirurxía
EducaciónColumbia University, College of Physicians and Surgeons
Coñecido porCofundador da American Ornithologists' Union (Unión Americana de Ornitólogos)
Actividade
Campo de traballoBotánica e Ornitoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico, zoólogo, ornitólogo, médico militar
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarlieutenant colonel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
23 de marzo de 1909Expedição Africana Smithsonian–Roosevelt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaMearns Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Edgar Alexander Mearns era fillo de Alexander e Nancy Reliance Mearns. O seu avó Alexander era de orixe escocesa, nado en Aberdeen en 1786, e emigrado a Nova York en 1805, establecéndose en Highland Falls en 1815. Mearns estudou no Instituto Donald Highland (de Highland Falls) e, ao acabar os seus estudos secundarios, trasladouse á Universidade de Columbia, estudando no seu College of Physicians and Surgeons (Colexio de Médicos e Cirurxiáns), graduándose como licenciado en Medicina e Cirurxía en 1881.[1]

Nese mesmo ano de 1881 casou con Ella Wittich, de Circleville, Ohio. A parella tivo un fillo e unha filla. O fillo naceu en 1886 e morreu en 1912.[1]

Mearns foi médico do exército dos Estados Unidos. Desde 1882 a 1899 serviu como cirurxián militar. Desde 1899 a 1903 foi oficial médico en varias institucións do exército. De 1903 a 1904 e de 1905 a 1907 viaxou a Filipinas; en 1904 tivo que interromper a súa viaxe porque contraeu unha enfermidade parasitaria. En 1905 unha viaxe desde Filipinas levouno a Guam.[2]

Como comandante (major) e cirurxián do exército, Mearns foi nomeado oficial médico da Comisión Internacional de Límites; informou sobre a fauna e as árbores da fronteira entre México e os Estados Unidos no seu traballo de 1907 Mammals of the Mexican Boundary of the United States (Mamíferos da fronteira mexicana dos Estados Unidos).[3]

 
O expresidente dos Estados Unidos Theodore Roosevelt e outros membros do seu grupo na Expedición Africana Smithsonian-Roosevelt, entre eles Edgar Alexander Mearns.

En 1909 retirouse do exército co emprego de tenente coronel. Nese mesmo ano foi invitado por Theodore Roosevelt para acompañalo na Expedición Africana Smithsonian-Roosevelt como naturalista.[4]

De 1911 a 1912 formou parte da Expedición Childs Frick en África para recolectar e preparar espécimes de aves que Frick presentou despois ao Instituto Smithsoniano.[5]

En 1883 Mearns foi un dos cofundadores da American Ornithologists' Union (Unión de Ornitólogos Estadounidenses).

Describiu cientificamente varias especies de aves e doutros animais, como Turdus helleri (un tordo de endémico dos outeiros de Taita, en Kenya), Aethopyga boltoni (un nectarínido endémico da illa de Mindanao, en Filipinas), Cisticola bodessa (un silvioideo africano), Phyllergates heterolaemus (un cetíido de Filipinas), e Onychomys arenicola (un cricétido de México, Novo México e Texas).

Obra[6] editar

  • Description of a rare squirrel, new to the Territory of Arizona (1886)
  • Observations on the Avifauna of portions of Arizona (1890)
  • A Study of the Vertebrate Fauna of the Hudson Highlands, with Observations on the Mollusca, Crustacea, Lepidoptera, and the Flora of the Region (1898)
  • An Addition to the Avifauna of the United States (1902)
  • Descriptions of New Genera and Species of Mammals from the Philippine Islands (1905)
  • Mammals of the Mexican boundary of the United States (1907)

Epónimos editar

Nomeáronse varios taxons de animais en honor a Mearns: sete mamíferos, entre eles Thomomys bottae mearnsi; cinco aves, e o lagarto Petrosaurus mearnsi.[7]

Abreviaturas editar

A abreviatura Mearns emprégase para recoñecer a Edgar Alexander Mearns como autoridade na descrición e taxonomía en botánica e zooloxía.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mearns, Edgar Alexander en zoonomen.
  2. Verdcourt, Bernard (Xuño de 1996). "Edgar Alexander Mearns - 1856-1916 - Collectors in East Africa - 24.". The Conchologists’ Newsletter. 137: 642–645. 
  3. Mearns, Edgar Alexander (1907). Mammals of the Mexican boundary of the United States: A descriptive catalogue of the species of mammals occurring in that region; with a general summary of the natural history, and a list of trees. Government Printing Office. p. 359. Consultado o 28 de outubro de 2019. 
  4. "Edgar Alexander Mearns Papers". Smithsonian Institution Archives. Consultado o 28 de outubro de 2019. 
  5. "The Childs Frick Expedition". Annual Report of the Board of Regents of the Smithsonian Institution: 122. 1912. Consultado o 28 de outubro 2019. 
  6. Trátase dunha escolma.
  7. Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Mearns", p. 174).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar