Edelmiro Martínez Cerredelo
Edelmiro Martínez Cerredelo, coñecido como Miro Martínez Cerredelo, nado na vila de Xinzo da Limia[1] o 24 de febreiro de 1946, é un historiador e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1946 (78 anos) Xinzo de Limia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empregado de banca , historiador , escritor |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarCursos estudos de bacharelato elemental en Ourense e empezou a traballar no sector servizos: na gasolineira do pai, nun restaurante ou noutros establecementos. Con 25 anos accedeu ao sector bancario (no Banco Hispano Americano);[1] permaneceu na banca o resto da súa vida profesional, en diversas localidades da provincia de Ourense (A Pobra de Trives, Allariz, O Carballiño e Ourense). Tamén foi concelleiro en Xinzo de Limia nos últimos anos do franquismo.[1] Logo da súa xubilación (1999) cursou estudos universitarios para anciáns na Universidade de Vigo.[2]
A súa obra como historiador ocupouse fundamentalmente da recuperación da memoria recente da comarca da Limia. Ten publicado en revistas de etnografía, como Raigame ou Lethes, e de asociacións culturais da diáspora en Cataluña.[2] Foi un dos promotores da festa do Esquecemento,[3] festa de recreación histórica da invasión romana.
Obras
editar- A prensa en Xinzo de Limia. Século XX (1911-1925). 2006. Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".
- Historia e memoria. A Limia: 1931-1953. 2008. Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".
- Julián Toubes (1796-1870). O correxedor que quixo desecar a lagoa. 2009.
- Historia de Xinzo de Limia. 2012. Grupo "Pedro González de Ulloa" de Estudos Históricos da Limia.
- Xinzo de Limia na Memoria. 2016. Grupo "Pedro González de Ulloa" de Estudos Históricos da Limia.
- Antela Fútbol Club. Centenario 1919-2019. 2019.
- O Entroido de Xinzo de Limia. Tradición. Respecto. Sentimento. 2021. Asociación Cultural A Pantalla.
- Historia Musical de Xinzo de Limia. 2021[2]. Concello de Xinzo de Limia.
Honras
editarEn 2022 foi escollido fillo predilecto de Xinzo da Limia.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "O Concello de Xinzo nomeará fillo predilecto a Edelmiro Martínez Cerredelo". Dende a Limia (en castelán). Consultado o 30/9/2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Edelmiro Martínez Cerredelo". Museo da Limia (en castelán). Consultado o 30/9/2022.
- ↑ Gil, Francisco J. (26/7/2019). "Edelmiro Martínez, historia de A Limia". La Región (en castelán). Consultado o 30/9/2022.