Economía dos Emiratos Árabes Unidos

Os Emiratos Árabes Unidos teñen unha economía aberta con elevado PIB per cápita e expresivos superavits comerciais[1]. É a segunda máis grande do mundo árabe, despois da de Arabia Saudita.

Economía de Emiratos Árabes Unidos
Moeda Dirham dos Emiratos Árabes Unidos
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, OPEP
Datos estatísticos[1]
PIB 269,8 mil millóns (2013)
Posición do PIB 50ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 4% (2013)
PIB per cápita 29 900 (2013)
PIB por sector agricultura 0,6%, industria 61,1%, servizos 38,2% (2013)
Inflación 1,3% (2013)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 4.588.000 (2013)
Forza de traballo por sector agricultura 7%, industria 15%, servizos 78% (2000)
Desemprego 2,4% (2013)
Industrias petróleo e petroquímica, pesca, aluminio, cemento, fertilizantes, reparación de barcos comerciais, materiais de construción, construción de barcos, artesania, téxtiles
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 368,9 mil millóns (2013)
Produtos de exportación petróleo bruto 45%, gas natural, reexportacións, peixe seco, dátiles
Principais mercados Xapón 15.4%, India 13.4%, Irán 10.7%, Tailandia 5.5%, Singapur 5.5%, Corea do Sur 5.3% (2013)
Importacións 249,6 mil millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos de transporte, produtos químicos, alimentos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 167,9 mil millóns (2013)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Edificios en Dubai, destacándose o Burj Khalifa.

As actividades económicas tradicionais do país son a recolla de dátiles, de perlas, a cría de camelos e a pesca. Dende os anos 1970 a explotación de petróleo e gas natural son as actividades máis importantes. Os esforzos realizados no sentido de diversificar a economía reduciron a participación do petróleo e do gas natural no Produto interior bruto a só un 25%[1].

Desde o descubrimento de petróleo nos Emiratos hai máis de 30 anos, o país pasou por unha profunda transformación, dunha rexión de principados empobrecidos no medio do deserto a un país moderno cun alto nivel de vida. O gasto do goberno ampliou a creación de empregos, e a expansión das infraestruturas aumentou a contribución económica do sector privado[1]. En abril de 2004 o país firmou cos Estados Unidos un tratado de comercio e investimento e en novembro do mesmo ano concordou en comezar a negociar un acordo de libre comercio. A pesar disto, as negociacións non seguiron adiante[1].

A crise financeira global, reducindo o crédito internacional e os prezos dos activos afectou ao país en 2009. O goberno intentou reducir o impacto da crise aumentando os seus gastos e aumentando a liquidez do sector bancario[1]. O Banco Central dos Emiratos e os bancos localizados en Abu Dabi recibiron a parte máis grande dos investimentos[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 11 de maio de 2014. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).