Abrir o menú principal

Burj Khalifa (en árabe, برج خليفة) é un rañaceos da cidade de Dubai, nos Emiratos Árabes Unidos. Con 828 metros de altura, é dende 2010 a construción máis alta realizada polo ser humano.[1]

Burj Khalifa
Dubai skyline 2015 (crop).jpg
Edificio
Nome inicialBurj Dubai
Custo1,14 mil millóns de euros
Enderezo1 Emaar Boulevard
LocalizaciónDubai, Flag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos
Coordenadas25°11′50″N 55°16′27″L / 25.197222, 55.274167Coordenadas: 25°11′50″N 55°16′27″L / 25.197222, 55.274167
Construción
Inicio21 de setembro de 2004
Remate4 de xaneiro de 2010
Dimensións
Altura828 m
Altura da azotea587 m
Altura da última planta584,5 m
editar datos en Wikidata ]

Historia e característicasEditar

A súa construción comezou o 21 de setembro de 2004 e a súa inauguración oficial foi o 4 de xaneiro de 2010. O arquitecto redactor principal do proxecto foi Adrian Smith, que traballou xunto á firma Skidmore, Owings and Merrill (SOM) de Chicago ata 2006. A construción do Burj Khalifa contou cun orzamento estimado de máis de 4.000 millóns de dólares, que se incrementou ata os 20.000 millóns para o desenvolvemento completo do Downtown Burj Khalifa. Parte do custo do edificio foi financiado pola familia do emir Mohammed bin Rashid Al Maktoum, entre os que destaca o seu sobriño Fuad bin Rashid Al Maktoum de tan só 20 anos, que financiou 25 millóns de dólares do proxecto.

O 21 de xullo de 2007 o Burj Dubai superou ó que era ata entón o edificio máis alto do mundo, o Taipei 101 de 509 metros. O 17 de xaneiro de 2009 o edificio acadou a súa altura máxima, 828 metros.

LocalizaciónEditar

O edificio forma parte dunha zona en desenvolvemento de 2 km² chamada Downtown Burj Dubai nas proximidades do distrito de negocios de Dubai, onde tamén está o Burj al-Arab. O presuposto da obra é de 4 mil millóns de dólares para o rañaceos e 20 mil millóns para todo o centro.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar