Economía de Montenegro

Durante a época baixo dominio iugoslavo, Montenegro experimentou unha rápida urbanización e industrialización baseada na industria de xeración eléctrica, na industria mineira do (metal, aluminio e carbón), na industria forestal e na industria téxtil. A isto sumouse posteriormente a produción de tabaco e o turismo, este último principalmente durante fináis dos anos 80.

Economía de Montenegro
Moeda Euro
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, CEFTA, OSCE
Datos estatísticos[1]
PIB 7 288 millóns (2012)
Posición do PIB 157ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 0,2% (2012)
PIB per cápita 11 700 (2012)
PIB por sector agricultura 0,8%, industria 11,3%, comercio e servizos 87,9% (2011)
Inflación 3% (2011)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 251.300 (2011)
Forza de traballo por sector agricultura 6,3%, industria 20,9%, comercio e servizos 72,8% (2011)
Desemprego 11,5%% (2011)
Industrias {{{Industrias}}}
Parcerías comerciais[1]
Exportacións US$640 millóns (2011)
Produtos de exportación
Principais mercados Serbia 17,5%, Hungría 16,9%, Croacia 10,1% (2011)
Importacións US$ 2 500 millóns (2011)
Principais produtos importados
Principais mercados Serbia 28,4%, Grecia 7,9%, Bosnia e Hercegovina 7,6% (2011) (2011)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 1,2 mil millóns (2011)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Banco Nacional de Montenegro en Podgorica.

Co crebe da antiga Iugoslavia, Montenegro perdeu gran parte do seu mercado. O progreso económico detívose do mesmo xeito que o programa de privatizacións, durante 1989. En maio de 1992, as sancións impostas pola ONU produto das Guerras Iugoslavas agravaron a crise converténdoa na peor desde a segunda guerra mundial. En 1993, dous terzos da poboación montenegrina estaba baixo a liña da pobreza e a comezos de 1994 o país acadou a segunda máis alta inflación na historia, superior ao 3 millóns por cento. Estímase na actualidade que as perdas xeradas polo embargo durante eses anos equivalen a 6.390 millóns de dólares.

Debido á súa favorable localización xeográfica xunto ao mar Adriático e conectado con Albania a través do lago Skadar, Montenegro converteuse nun centro de contrabando. Posto que a totalidade da produción industrial montenegrina detívose, a principal actividade económica da república foi o contrabando de bens materiais, especialmente petróleo e tabaco. Soamente en 1997, a economía de Montenegro logrou estabilizarse: o marco alemán foi introducido como moeda oficial para evitar a inflación e o goberno montenegrino esixiu máis autonomía para as súas políticas económicas as que serían establecidas coa formación da Unión de Serbia e Montenegro en 2002. Desde ese momento, o goberno de Montenegro estableceu fortes políticas para a melloría da economía, especialmente axilizando o proceso de privatizacións, introducindo o IVE e o euro coma moeda oficial (malia que o país non é membro oficial da Eurozona)

Na actualidade, Montenegro é un dos países máis pobres do continente cun PIB de 3.800 dólares, pero durante os últimos anos producíronse importantes melloras. Apenas o 12,2% da poboación está baixo a liña da pobreza e a cesantía caeu do 27,7% de 2005 ao 16,4% en xullo de 2006, mentres a inflación mantense preto do 3%. O principal produto do país é o aluminio que é exportado a través de Suíza, destino do 83,9% das exportacións totais. As importacións, en tanto, cuadruplican o valor das exportacións e proveñen principalmente de Grecia, Italia, Alemaña e Bosnia e Hercegovina.

Referencias editar

  1. CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2009. Consultado o 08 de febreiro de 2008. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).