Economía de Filipinas

Filipinas forma parte do tratado internacional chamado APEC (Asia-Pacific Economic Cooperation), un bloque económico que ten por obxectivo transformar o océano Pacífico nunha área de libre comercio englobando economías asiáticas, americanas e de Oceanía.

Economía de Filipinas
Moeda Peso filipino
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, APEC, ASEAN e outras
Datos estatísticos[1]
PIB 423,7 mil millóns (2012)
Posición do PIB 37ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 6,6% (2012)
PIB per cápita 4 300 (2012)
PIB por sector agricultura 11,9%, industria 31,1%, servizos 57% (2012)
Inflación 3,2% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 40.360.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 32%, industria 15%, servizos 57%
Desemprego 7% (2012)
Industrias electrónica (montaxe), roupas, calzados, fármacos, produtos químicos, produtos de madeira, procesamento de alimentos, refinado de petróleo, pesca
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 50,96 mil millóns (2012)
Produtos de exportación semicondutores e produtos electrónicos, equipamentos de transporte, roupas, produtos de cobre, produtos de petróleo, aceite de coco, froitas
Principais mercados Xapón 19%, Estados Unidos 14,2%, República Popular da China 11,8%, Hong Kong 9,4%, Singapur 9,2%, Corea do Sur 5,5% (2012)
Importacións 65 mil millóns (2012)
Principais produtos importados produtos electrónicos, combustibles minerais, máquinas e equipamentos de transporte, ferro e aceiro, téxtiles, grans, produtos químicos, plásticos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 61,72 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

É considerado un país en desenvolvemento. O seu PIB ocupa o 37º lugar entre 178 nacións, en función da paridade do poder de compra. Unha das principais actividades económicas é a industrialización de alimentos. A súa produción agrícola consiste principalmente en copra, millo, cánabo, arroz, cana de azucre e tabaco. Posúe tamén explotacións mineiras de cromo, cobre, ouro, ferro, chumbo, manganeso e prata.

Os gastos do goberno, o aumento do consumo e o envío de diñeiro por filipinos residentes no exterior impulsaron a economía do país, elevando o crecemento a máis do 6% en 2007.

Notas editar

  1. "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2015. Consultado o 27 de abril de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).