Eadbald de Kent

Rei de Kent

Eadbald, finado en 640, foi rei de Kent desde 616 até a súa morte.

Infotaula de personaEadbald de Kent

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Eadbald Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xaneiro de 640 Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Santo Agostiño de Canterbury Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEmma da Austrásia (618 (Gregoriano)–)
unnamed queen of Kent
FillosEormenred de Kent
 () Emma da Austrásia (pt) Traducir
Eorcenberht de Kent
 () Emma da Austrásia (pt) Traducir
Eanswith (pt) Traducir
 () Emma da Austrásia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAdalberto de Kent Editar o valor em Wikidata  e Berta de Kent Editar o valor em Wikidata
IrmánsEtelburga de Kent (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Kent-276

Traxectoria editar

Sucedeu ao seu pai Aethelberht que convertera a Kent en potencia hexemónica en Inglaterra durante o seu reinado e foi o primeiro rei anglosaxón en se converter ao Cristianismo. A ascensión ao trono de Eadbald constituíu un serio revés para a Igrexa católica, xa que non se bautizou até varios anos despois da súa coroación. Finalmente, foi convertido polos arcebispos Lourenzo ou Xusto e separouse da súa primeira esposa, que fora a súa madrasta, presionado pola Igrexa. Casou posteriormente con Ymme, posibelmente unha princesa franca filla de Teodeberto II, coa que tivo dous fillos, Eormenred e Eorcenberht (tamén Earcomberht), e unha filla, Eanswith.

A influencia de Eadbald foi menor que a do seu pai, pero Kent era o suficientemente poderoso como para escapar ao dominio de Edwin de Northumbria. O matrimonio de Edwin coa irmá de Eadbald, Æthelburg, normalizou as relacións entre Kent e Northumbria que aparentemente continuaron até o reinado de Oswald. Cando Æthelburg fuxiu a Kent tras a morte de Edwin ao redor de 633, enviou aos seus fillos a Francia por temor ás intrigas tanto de Eadbald como de Oswald. A liña real de Kent realizou varios matrimonios diplomáticos durante os anos subseguintes, incluíndo o matrimonio de Eanfleda, sobriña de Eadbald, con Oswiu, e de Eorcenberht con Sexburga, filla do rei Anna de Anglia Oriental.

Eadbald morreu en 640 e foi sucedido por Eorcenberht. Eormenred puido ser o seu fillo máis vello, pero se reinou foi só como un rei subalterno.

Kent nas fontes temperás editar

 
O estado de Inglaterra anglosaxoa ao momento do nacemento de Eadbald.

O poboamento de Kent por habitantes continentais, principalmente xutos, completouse a fins do século VI[1]. O pai de Eadbald, Aethelberht, probabelmente chegou ao trono entre 589 e 590, aínda que a cronoloxía deste reino é moi difícil de determinar de maneira precisa[2]. Aethelberht foi rexistrado polo cronista temperán Beda como posuidor da xefatura suprema ou imperium sobre outros reinos anglosaxóns[3]. Durante o seu reinado, Kent converteuse nun reino poderoso con relacións comerciais estábeis co continente europeo[4].

A Britania Romana xa se convertera ao Cristianismo, pero os invasores anglosaxóns eran tanto iletrados como pagáns. En 597, Agostiño de Canterbury foi enviado por Gregorio Magno a Inglaterra coa misión de converter a estes pobos ao cristianismo. Agostiño logrou converter a Aethelberht, que lle entregou terras en Canterbury. Outros dous reis, Saeberht de Essex, e Raedwald de Anglia Oriental, foron convertidos por influencia de Aethelberht[5][6].

Unha fonte importante para este período na historia de Kent é a Historia ecclesiastica gentis Anglorum, escrita en 731 por Beda, un monxe beneditino de Northumbria. Beda estaba interesado principalmente na cristianización de Inglaterra, pero prové información substancial sobre historia secular, incluíndo os reinados de Aethelberht e Eadbald. Un dos correspondentes de Beda foi Albino, abade do mosteiro de San Pedro e San Paulo (posteriormente chamado de Santo Agostiño) en Canterbury. Unha serie de textos relacionados coñecida como a Lenda de Santa Mildrith proporciona información adicional sobre os eventos nas vidas dos fillos de Eadbald e sobre o mesmo Eadbald. A Crónica anglosaxoa, unha colección de anais reunidos ao redor de 890 no reino de Wessex, tamén proporciona información a este respecto. Outras fontes inclúen as bulas papais, as listas reais dos reis de Kent e cartas temperás. As cartas eran documentos destinados a rexistrar as doazóns de terras realizadas polos reis aos seus seguidores ou á igrexa, polo que provén algunhas das fontes documentarias máis temperás en Inglaterra; no entanto, ningunha do reinado de Eadbald sobreviviu en forma orixinal, pero existen algunhas copias posteriores[7].

Sucesión editar

Eadbald faleceu en 640 e, segundo a lenda de Santa Mildrith foi sucedido polo seu fillo Eorcenberht; con todo, Eormenred puido ser un rei subalterno baixo o reinado de Eorcenberht e a versión dos eventos proporcionada pola lenda de Santa Mildrith puido ser un intento de desacreditar a pretendentes á coroa da liña de Eormenred[8].

Notas editar

  1. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 26.
  2. Kirby, Earliest English Kings, pp. 31–33, prové unha discusión extensa sobre a cronoloxía do reinado de Aethelberht.
  3. Bede, Ecclesiastical History, bk.
  4. Campbell et al., The Anglo-Saxons, p. 44.
  5. Beda, Ecclesiastical History, bk.
  6. Kirby, Earliest English Kings, pp. 30–37.
  7. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 25.
  8. Kirby, Earliest English Kings, p.44.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Fontes primarias
Fontes secundarias

Ligazóns externas editar