Seaxburh de Ely
Seaxburh (inglés antigo: Sexburh), tamén coñecida como Santa Sexburga de Ely, finada en 699, foi a raíña do rei Eorcemberht de Kent, tamén foi unha abadesa e unha santa da Igrexa católica.
Nome orixinal | (ang) Sexburh |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 640 |
Morte | 699 (58/59 anos) |
Abadesa | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 6 de xullo |
Outro | |
Título | Raíña |
Cónxuxe | Eorcenberht de Kent |
Fillos | Ecgberht I de Kent, Ermenilda de Ely (pt) , Hlothhere de Kent, Eorcengota (pt) |
Pai | Anna de Anglia Oriental |
Irmáns | Jurmin (en) , Wihtburh (en) , Aethelthryth, Æthelburh of Faremoutiers (en) e Sæthryth (en) |
As irmás da raíña Seaxburh foron: Aethelburg de Faremoutiers, Saethryth, Aethelthryth e posibelmente Withburh. O seu matrimonio co rei Eorcemberht deu como resultado dous fillos varóns e dúas fillas; ambos asumiron o cargo de reis. Despois da morte do seu esposo en 664, Seaxburh quedou no reino de Kent para coidar aos seus fillos e traballou como rexente ata que o seu fillo máis vello Ecgberht I de Kent tivo idade para gobernar.
Seaxburh fundou as abadías de Milton Regis e Minster-in-Sheppey, onde a súa filla Ermenilda tamén foi monxa. Mudouse ao mosteiro de Ely onde a súa irmá Aethelthryth era a abadesa, despois da morte da súa irmá no ano 679, Seaxburh converteuse na súa sucesora. Segundo Beda, no ano 695, despois de que o corpo da súa irmá estivo dezaseis anos nunha fosa común, fixo que o trasladasen a un sarcófago de mármore. No momento no que abriron a fosa, descubriron que o corpo de Aethelthryth estaba totalmente intacto, coma se acabase de morrer. A lenda de Aethelthryth atópase na Historia ecclesiastica gentis Anglorum, a cal celebra a santidade e as virtudes de Aethelthryth, pero de Seaxburh só fala do seu matrimonio, do feito de que sucedeu á súa irmá como abadesa e do traslado das reliquias da súa irmá.
A data exacta da morte de Seaxburh non é coñecida exactamente, pero a súa vida aparece recompilada despois de 1106 na Vita Sexburge, onde se describe a maior parte da súa vida, pero sobre todo a súa vida como monxa.
Traxectoria
editarFamilia
editarO pai de Seaxburh foi Anna, rei de Anglia Oriental, fillo de Eni, quen gobernou o reino de Anglia Oriental desde o ano 640 e morreu, xunto co seu fillo Jurmin, durante a batalla de Bulcamp no ano 653 ou 654[1]. As súas irmás foron Æthelburg e Saethryth, ambas abadesas da abadía de Faremoutiers en Brie, de feito Aethelthryth tiña outra irmá chamada Withburh, esta casou por primeira vez con Tonberht, un ealdorman dos Gyrwe meridionais nos Fens e por segunda vez con Ecgfrith de Northumbria. Withburh, finada en 743, foi se cadra tamén irmá súa[2].
Seaxburh casou con Eorcemberht de Kent e tivo como fillos aos reis Ecgberht I de Kent (finado en 673) e Hlothhere de Kent (finada en 685) e a dúas fillas Eormenhild e Eorcengota. Seaxburh ao morrer foi enterrada en Ely, xunto coas súas irmás Aethelthryth, Wihtburh e a súa filla Eormenhild.
Matrimonio e viuvez
editarA familia de Seaxburh uniuse coa familia real de Magonsaete mediante o seu matrimonio con Eorcemberht, o cal foi rei de Kent do 640 ao 664. Eorcemberht era o tío avó de Milburh e da súa irmá, Merewalh de Magonsætan[3].
Os seus fillos Ecgberht e Hlothhere convertéronse nun momento dado en reis de Kent. A súa filla Eorcengota converteuse en monxa en Faremoutiers e despois foi canonizada[4]. Eorcemberht é mencionado na Crónica anglosaxoa durante o ano 640:
Despois o seu fillo Eorcenberht tomou o mando do reino; durante o seu reinado eliminou todo culto ao diaño e foi o primeiro rei en establecer o festival de Pascua.
Na mesma pasaxe está a única referencia das Crónicas a Seaxburh e á súa filla Eorcengota,
Seaxburh e Eorcenberht tiveron unha segunda filla chamada Eormenhild, quen casou con Wulfhere de Mercia; despois da morte do seu esposo volveuse monxa para máis tarde ser canonizada. De acordo con Barbara Yorke, o matrimonio de Seaxburh co rei foi de suma importancia, non só pola unión de familias, senón porque estableceu as bases para a vida monástica feminina durante o período anglosaxón, xa que converteu o feito dunha exraíña retirarse a un mosteiro nun exemplo do desexábel que é a vida monástica para as mulleres da clase alta[7].
Eorcenberht morreu o 14 de xullo no 664, debido a unha praga que apareceu ese ano. Despois da morte do seu esposo Seaxburh quedou en Kent para educar aos seus fillos. A súa presenza no reino provocou unha grande influencia en cuestións políticas e relixiosas: exerceu como rexente mentres o seu fillo máis vello tiña a idade para ser coroado como rei e foi a fundadora da primeira abadía en Kent para mulleres en Milton. Tempo despois Seaxburh fíxose monxa e fundou a abadía do Minster-on-Sea[8]. De acordo co Libro de Ely, unha crónica escrita en Ely no século XII, a Seaxburh foille outorgado o veo da santidade por Teodoro, arcebispo de Canterbury. Segundo a haxiografía de Seaxburh refuxiouse no mosteiro como monxa despois de ter un posto secular que non puido tolerar.
Eorcenberht de Kent | Seaxburh de Ely | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Eormenhild | Wulfhere de Mercia | Ercongota | Ecgberht I de Kent | Hlothhere de Kent | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
- Para unha árbore xenealóxica dos devanceiros de Seaxburh, ver Wuffingas.
Tras a morte do seu esposo Seaxburh opúxose terminantemente a casar de novo, así que dedicou a súa vida á igrexa[9][10][11][12].
Vida relixiosa en Ely
editarPouco despois Seaxburh mudouse ao mosteiro dobre de Ely, onde a súa irmá Æthelthryth era abadesa. A historiadora Barbara Yorke mencionou que cabía a posibilidade de que Seaxburh e Seaxburh de Wessex fosen a mesma persoa, pero tamén di acontecementos relixiosos aos que deu pé Seaxburh, polo que a suposición foi descartada[13].
De acordo con Yorke, a decisión de Seaxburh de non buscar a outro esposo e volverse monxa volveuse unha tradición anglosaxoa en Ely para todas as mulleres viúvas[14]. Seaxburh era descrita no Libro de Ely como unha "pretiosa virago", ou preciosa guerreira, tivo un grande éxito como abadesa cando a súa irmá morreu pola praga do 679[15][16]. Probabelmente a súa experiencia política axudouna para lograr tantos avances durante o seu mandato no mosteiro[17].
No ano 695, Seaxburh decidiu trasladar o corpo da súa irmá Æthelthryth dunha fosa común a un sarcófago en Ely, despois de 16 anos da súa morte[18]. O Libro de Ely describe este evento con detalle: Cando a súa tumba foi aberta, o corpo de Æthelthryth foi descuberto sen danos e o seu cadaleito e roupa tiñan poderes milagrosos[19]. O seu sarcófago foi feito de mármore branco e axustárono á súa medida. Seaxburh supervisou a preparación do corpo da súa irmá, o cal foi aseado e vestido con nova roupa[20].
Morte e veneración
editarA data exacta da morte de Seaxburh non é coñecida, pero de acordo co Libro de Ely, cando faleceu, Richard Bishop escribiu as memorias de Seaxburh e de todas as mulleres santas da época[21].
Seaxburh é mencionada nunha relación escrita dos máis antigos reis cristiáns de Kent e os seus familiares canonizados chamado Kentish Royal Legend (inglés antigo: Þá hálgan). Sendo raíña e á parte unha monxa canonizada, Seaxburh foi sumamente notábel na súa época e nesa obra[22].
Na Catholic Encyclopedia de 1913 aparece unha lista dos feitos e das mortes de varios santos e os seus milagres, de igual maneira todas as accións e as reliquias de Sexburh foron recompiladas despois de 1106. O libro Vita Sexburge describe a infancia de Seaxburh, o seu matrimonio con Eorcenberht e os seus últimos anos como monxa e abadesa en Ely[23].
Notas
editar- ↑ Earle, Two of the Saxon Chronicles Parallel, p. 27.
- ↑ Fryde et al, British Chronology, p. 8.
- ↑ Sims-Williams, Religion and Literature, p. 101.
- ↑ Fryde et al, British Chronology, p. 13.
- ↑ Swanton, Anglo-Saxon Chronicle, p. 27.
- ↑ Earle, Saxon Chronicles Parallel, p. 27.
- ↑ Yorke, Nunneries, p. 27.
- ↑ Ver Dockray-Miller, pp. 13-14, para o texto de Lambeth Palace MS 427 en inglés antigo e moderno, que dá conta da construción do mosteiro de Sheppey, e fai alusión ao emprego de man de obra escrava por parte de Seaxburh: 'Entón próugolle á santa raíña Seaxburh que alí se construíse para o pracer e a honra súa construír e establecer un mosteiro, de modo que antes os homes dicían que durante trinta anos non se detivo o son dos chirriantes carros nin dos queixosos escravos...' (Dockray-Miller, Motherhood and Mothering in Anglo-Saxon England, pp. 13-14.
- ↑ Beda, Historia Ecclesiastica, iv, 1.
- ↑ Yorke, Nunneries, p. 26.
- ↑ Fairweather, Liber Eliensis, p. 69.
- ↑ Ridyard, Royal Saints, p. 90.
- ↑ Yorke, Nunneries, p. 43.
- ↑ Yorke, Nunneries, p. 31.
- ↑ Fairweather, Liber Eliensis, p. 376.
- ↑ Williams et al, Dark Age Britain, p. 30.
- ↑ Dockray-Miller, Motherhood and Mothering in Anglo-Saxon England, p. 13.
- ↑ Ridyard, Royal Saints, p. 53.
- ↑ Fairweather, Liber Eliensis, pp. 56-61.
- ↑ Ridyard, The Royal Saints, p. 179.
- ↑ Fairweather, Liber Eliensis, p. 278.
- ↑ Stafford, Queen Emma and Queen Edith, pp. 168-169.
- ↑ Ridyard, Royal Saints, pp. 57-58.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Beda; Bertram Colgrave; R. A. B. Mynors. Bede: Ecclesiastical History of the English People. Clarendon Press. ISBN 978-0-19-953723-5.; Bertram Colgrave; R. A. B. Mynors (2008). : Ecclesiastical History of the English People. Cambridge: Clarendon Press.
- Burns, Paul (ed.). Butler's Lives of the Saints: February. Burns & Oates. ISBN 0-86012-251-4., Alban (1998) [1756-9]. Burns, Paul, ed. Butler's Lives of the Saints: February. Tunbridge Wells: Burns & Oates.
- Crook, John (2000). The Architectural Setting of the Cult of Saints in the Early Christian West. Oxford University Press. 2012. ISBN 0-19-820794-8. Oxford, Nova York: * Dockray-Miller, Mary (2000). Motherhood and Mothering in Anglo-Saxon England. St. Martin's Press. ISBN 0-312-22721-3. Nova York: St. Martin's Press.
- Earle, John (1865). Earle, John. Two of the Saxon Chronicles Parallel (en Old English). Clarendon Press. OCLC 10565546. (en old English). Oxford: Clarendon Press.
- Fairweather, Janet (2005). Liber Eliensis: a History of the Isle of Ely from the Seventh Century to the Twelfth. Woodbridge: Boydell Press. ISBN 1-84383-015-9.[1]
- Fryde, E. B.; Greenway, D. E.; Porter, S.; Roy, I. (1986). Handbook of British Chronology (3rd edición). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-56350-X.
- Goscelin of Saint-Bertin (2004) [11th century]. Love, Rosalind C., ed. Goscelin of Saint-Bertin: the Hagiography of the Female Saints of Ely. Oxford, Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-820815-4.
- Ridyard, Susan Janet (1988). The Royal Saints of Anglo-Saxon England: a Study of West Saxon and East Anglian Cults. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-30772-4.[2]
- Sims-Williams, Patrick (1990). Religion and Literature in Western England, 600-800. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-38325-0.[3]
- Stafford, Pauline (2001). Queen Emma and Queen Edith: Queenship and Women's Power in Eleventh-Century England. Oxford, Malden: Blackwell. ISBN 0-631-22738-5.[4]
- Williams, Ann; Smyth, Alfred P.; Kirby, D. P. (1991). A biographical dictionary of dark age Britain: England, Scotland, and Wales, c.500-c.1050. Londres: B A Seaby Ltd. ISBN 1-85264-047-2.
- Yorke, Barbara (2003). Nunneries and the Anglo-Saxon Royal Houses. Londres, Nova York: Continuum. ISBN 0-8264-6040-2.
Ligazóns externas
editar- Abbey Church of The Blessed Virgin Mary and Saint Sexburgha Arquivado 24 de decembro de 2017 en Wayback Machine.
- Páxina de Alaric Hall, A Life of Saint Mildrith, que contén a versión en inglés antigo da lenda de Mildrith coñecida como Þá hálgan, ou a Kentish Royal Legend.
- Unha páxina sobre a pintura parietal medieval no sitio da English Parish Church mostra dúas pinturas do século XIII en Willingham, Cambridgeshire, de Æthelthryth e un santo descoñecido, sobre o que se sospeita se sería unha imaxe de Seaxburh.