Castelo de Dumbarton
O castelo de Dumbarton (en escocés: Caisteal Dhùn Bhreatainn) é a fortaleza máis antiga de Gran Bretaña. Domina a cidade escocesa de Dumbarton, atópase nun colo volcánico de rocha basáltica coñecido como Dumbarton Rock. Ten unha altura de 73 metros.[1]
Castelo de Dumbarton | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | castelo e fortaleza de contorna ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Escocia | |||
Concello | West Dunbartonshire (pt) ![]() ![]() | |||
Acontecementos | ||||
Siege of Dumbarton (en) ![]() ![]() | ||||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Historic Environment Scotland ![]() | |||
Operador/a | Historic Environment Scotland ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Parte dun Scheduled Monument | ||||
Data | 25 de abril de 1994 | |||
| ||||
Edificio categoría A | ||||
Data | 3 de marzo de 1971 | |||
Data de remate | 16 de marzo de 2018 (dual designation) | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | historicenvironment.scot… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarPolo menos desde a Idade de Ferro, este foi o escenario dun asentamento de importancia estratéxica, cuxos residentes comerciaron con Roma. A presenza dunha poboación aquí está rexistrada nunha carta de San Patricio escribiu ao Rei Ceretic de Alt Clut, (ou Clyde Rock) a finais do século V.
Desde o século V até o século IX foi o centro do Reino independente de Strathclyde. O rei de Dumbarton sobre o ano 740 d.C. foi Riderch I de Alt Clut, que figura en lendas nórdicas. Dise que durante o seu reinado o mago Merlín quedou en Alt Clut. En 756 por primeira vez, a fortaleza foi saqueada por unha forza conxunta de pictos e northumbrios, capturando Alcluith despois dun sitio de catro meses.
En 870, Dumbarton Rock foi o fogar de británicos que serviu como fortaleza e como capital de Alt Clut. Os viquingos asediaron Dumbarton durante catro meses, derrotando os habitantes despois de cortarlles o acceso a auga. O rei nórdico Olaf regresou a Dublín no 871, con douscentos barcos cheos de escravos e tesouros saqueados. Olaf chegou a un acordo con Constantino I, o rei dos escoceses, e Artgal de Alt Clut.
A independencia do Reino de Strathclyde chegou ó seu fin coa morte de Owen o Calvo, cando a dinastía de Kenneth macAlpin comezou a gobernar a rexión.
Na Escocia medieval, Dumbarton (Breatainn Dun, que significa a fortaleza dos britanos, foi un importante castelo real. Nela resgardouse David II de Escocia (fillo de Robert Bruce) e a súa nova esposa Xoana da Torre, despois da derrota escocesa na batalla de Halidon Hill preto de Berwick-upon-Tweed en 1333. O Conde de Bothwell, Patrick Hepburn, foi nomeado capitán do castelo de Dumbarton o 1 de abril de 1495.
O castelo perdeu importancia á morte de Oliver Cromwell en 1658. Pero as ameazas que expuxeron os xacobinos e os franceses no século XVIII fixeron que se creasen novas estruturas e defensas sendo acuartelamento até a segunda guerra mundial.
Notas
editar- ↑ www.undiscoveredscotland.co.uk
- ↑ Stoddart, John (1800), Remarks on Local Scenery and Manners in Scotland. Pub. Wiliam Miller, Londres. Facing P. 212.
A Galipedia ten un portal sobre: Escocia |