Abrir o menú principal

Coordenadas: 55°56′55″N 4°32′50″O / 55.94861, -4.54722

Dumbarton
Dùn Breatainn
Dumbarton Castle - geograph.org.uk - 501609.jpg
Castelo de Dumbarton.
Localización
Dumbarton en Escocia
Dumbarton
Dumbarton
PaísFlag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Nación constituínteFlag of Scotland.svg Escocia
ConcelloWest Dunbartonshire
Xeografía
Superficie6,80 km²
Demografía
Poboación19 969 (2011)
Outros datos
Código postalG82

Dumbarton (en gaélico escocés: Dùn Breatainn) é unha localidade e burgo de Escocia, situado na beira norte do río Clyde na desembocadura do seu afluente o río Leven no estuario ou fiorde de Clyde. Dumbarton é a capital administrativa do concello de West Dunbartonshire. En 2011, a vila tiña unha poboación de 19 969 habitantes, e a área metropolitana xunto con Alexandria, Bonhill e Renton, unha poboación estimada de 44 690 habitantes.[1]

Dumbarton foi a capital do antigo Reino de Strathclyde, e máis tarde a capital do condado de Dumbartonshire. O nome provén do gaélico escocés Dùn Breatainn que significa «fortaleza dos británicos».[2] O castelo de Dumbarton está asentado na parte superior da Dumbarton Rock, que domina a zona. A cidade foi burgo real entre 1222 e 1975.[3]

A economía de Dumbarton emerxeu no século XIX ó converterse en centro de produción naval, de vidro e de whisky. Porén, estas industrias co paso do tempo diminuíron ou desapareceron totalmente, e hoxe en día practicamente funciona como unha cidade dormitorio de Glasgow, ó estar situada a 21 quilómetros da mesma. A cidade ten equipo propio de fútbol, o Dumbarton FC.

NotasEditar

  1. "General Register Office for Scotland - Statistics - Publications and Data". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2009. Consultado o 24 de xuño de 2018. 
  2. "Groome Gazetteer entry for DUMBARTON". 
  3. "Vision de Gran Bretaña". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2009. Consultado o 24 de xuño de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar