Domingo Villar Vázquez
- Este artigo fala do médico nado en 1843 e finado en 1912, para o escritor de novela negra nado en 1971 véxase o artigo "Domingo Villar".
Domingo Villar Vázquez, nado en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 1843 e finado na Coruña o 4 de xaneiro de 1912, foi un médico e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1843 Santiago de Compostela, España |
Morte | 4 de xaneiro de 1912 (68 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, escritor |
Traxectoria
editarEstudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e traballou como médico durante once anos en Galicia e Asturias. Marchou a Arxentina en outubro de 1881. Revalidou o título na Universidade de Buenos Aires, estableceuse en Córdoba, pero tivo que trasladarse a Mendoza en 1883, onde foi director-médico do Hospital da Policía e Tribunales, da Escola Nacional de Agricultura, e inspector xeral da obra de saneamento da provincia, director de Hixiene Pública e conselleiro de Hixiene. Combateu as epidemias que asolaban a provincia. Entre 1891 e 1895 exerceu de médico dos pobres, aos que atendía gratuitamente. Regresou a Galicia coa familia en 1889 e recorreu varias capitais europeas. Retornou novamente a Arxentina retomando o seu traballo en Mendoza.[1] En 1906 retornou a Galicia,[2] instalándose na Coruña, onde viviu os últimos anos. Finou na Coruña o 4 de xaneiro de 1912.[3]
Obras
editarEscribiu Remembranza da terra. Un sono, que Uxío Carré Aldao incluíu na súa Antología,[4] e publicou algúns artigos en El Eco de Galicia a partir de 1894.
Vida persoal
editarCasou con Francisca Álvarez de Ron.
Notas
editar- ↑ "Dr. D. Domingo Villar", El Eco de Galicia, 10-3-1898, p. 1-2.
- ↑ El Correo de Galicia, 2-7-1906, p. 3.
- ↑ La Voz de Galicia, 5-1-1912, p. 1,3.
- ↑ Carré Aldao, Eugenio (1911). Literatura gallega. pp. 211-213. Barcelona. Maucci.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Domingo Villar Vázquez |
Bibliografía
editar- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 514. ISBN 84-7154-227-7.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 754. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 619. ISBN 84-8288-019-5.