Domingo Carvallo

militar e filósofo galego

Domingo Carvallo González, nado en Lugo en 1897 e finado en Madrid o 12 de maio de 1980, foi un militar e filósofo galego.

Infotaula de personaDomingo Carvallo
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1980 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , filósofo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Esteban Carvallo de Cora. Estudou o Bacharelato no Instituto de Lugo. Ingresou na Academia de Infantaría de Toledo en 1912. Estivo destinado en Ferrol, Vigo e no Rexemento de Zamora de Lugo en 1924. Ingresou no corpo de Carabineiros e foi nomeado Inspector de Abastecemento da provincia de Lugo.[1] En Lugo foi redactor de revista Ronsel,[2] aínda que non chegou a publicar nada. En 1927 foi destinado a Puertollano. Discípulo de Ortega y Gasset, en 1928, sendo tenente, pediu excedencia para acompañar a Xavier Zubiri como bolseiro da casa de Alba a Friburgo. Na Universidade de Friburgo fíxose discípulo de Husserl e trabou amizade con Heidegger. Ao seu regreso en 1930 foi destinado á comandancia de Navarra[3] e durante a República a Puigcerdà como capitán de Carabineiros. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido no Pireneo navarro e encerrado no forte de San Cristóbal, por ler libros sospeitosos en alemán. De alí sacouno Fermin Yzurdiaga, facendo constar que volveu a Friburgo a seguir a Heidegger.[4] Foi profesor da Universidade de Friburgo nos anos cincuenta.[5]

Colaborou con Celestino Fernández de la Vega na tradución de Da esencia da verdade de Heidegger,[6] editado por Galaxia en 1956, en castelán e galego, cunha unha carta-prólogo do filósofo alemán. Publicou Y sobre la superación de la metafísica en 1966, en edición de autor, e en 1973 La estructura óntica con prefacio de Werner Heisenberg (que xa aparecera en alemán en 1962). En 1975 publicou o opúsculo Física cuántica. Religión e dous anos despois a novela Don Pepo.

Morreu en Madrid con 83 anos.[7] As súas cinzas foron lanzadas na Cidade Universitaria.

Vida persoal editar

Casou en 1931 con María Luisa Dafonte Sánchez, filla de Marcelino Dafonte Bermúdez.

Notas editar

  1. El Regional, 14-7-1924, p. 3
  2. El Pueblo Gallego, 13-3-1924, p. 1
  3. El Regional, 10-3-1930, p. 2.
  4. Lain Entralgo, Descargo de conciencia, p. 189-190.
  5. "María Luisa Dafonte, musa coruñesa de Romero de Torres, fue anfitriona de Heidegger en Friburgo", La Voz de Galicia, 14 -7-1987, p. 64, 59.
  6. La Noche, 18-2-1950, p. 5.
  7. Necrolóxica en ABC, 20-5-1980, p. 92.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar