Doenza desmielinizante

Unha doenza desmielinizante é un termo que abarca a todas aquelas doenzas que afectan á substancia branca do sistema nervioso central, producíndose unha desmielinización.[1] A doenza deste tipo máis frecuente é o Alzheimer, e moitas veces ámbolos dous termos son empregados coma sinónimos.

Estrutura dunha neurona típica

Introdución editar

As neuronas, células do sistema nervioso, están arrodeadas por unha substancia chamada mielina, que favorece a condución eléctrica. No sistema nervioso central, a mielina fórmase a expensas da membrana plasmática dos oligodendrocitos, mentres que no sistema nervioso periférico depende das células de Schwann. Cando a mielina é destruída, a condución dos sinais eléctricos ao longo dos nervios vese seriamente afectada, e en consecuencia os nervios perden a súa funcionalidade co paso do tempo. A desmielinización comporta ademais unha perda da velocidade de condución do impulso e da resposta, perda de propiedades de condución, consumo enerxético pouco eficiente e desorganización do sistema nervioso.

Clasificación editar

Dentro das doenzas desmielinizantes pódense distinguir:[2]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. Ropper, A. H. & Samuels, M. A., 2011. Principios de neurología. novena ed. México: Mc Graw Hill
  2. JJ Zarranz; Neuroloxía. Ed Esselvier, 4º edición. Capítulo 20: Doenzas desmielinizantes.