Mielopatía asociada ao virus HTLV-1

A Mielopatía asociada ao virus HTLV-1, tamén denominada paraparesia espástica tropical (PET), é unha doenza neurolóxica hereditaria agrupada dentro do grupo das doenzas desmielinizantes.[1] Está causada por un retrovirus, o virus linfotrópico de células T humano tipo I (ou HTLV-1), descuberto no ano 1980. Este virus foi asociado dende 1985 cos síntomas da mielopatía crónica denominada paraparesia espástica tropical, en doentes de Martinica, Xamaica e Colombia, e a denominada paraparesia espásticas espiñal no sur do Xapón, que tamén se asociou a unha variedade do virus designada coma HTLV-II.

Paraparesia espástica tropical
Clasificación e recursos externos
ICD-10E04.1
DiseasesDB29487
MeSHD015493
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

ClínicaEditar

Os síntomas da paraparesia espástica tropical son, ao inicio, dificultade para camiñar. Nalgúns doentes a enfermidade maniféstase primeiro con estomatite, conxuntivite e diarrea. A partir do primeiro ano da doenza, preséntase alteracións no control dos esfínteres vesicais e vexiga neuróxena, impotencia sexual en homes, cambras en membros inferiores e hiperreflexia osteotendinosa, dor lumbar e estreñemento.

Co paso do tempo, o paciente perde totalmente a capacidade de empregar os membros inferiores e pode perder a sensibilidade nos pés. Este fenómeno denomínase paraparesia, e nesta doenza ten unha orixe viral. Así, ha de diferenciarse da paraparesia espástica familiar, cuxo orixe é hereditario. Para establecer a diferenza entre ámbalas dúas paraparesias, cómpre realizar estudos inmunolóxicos de antíxenos e anticorpos anti-HTLV.

TratamentoEditar

Na actualidade non hai ningún tratamento curativo eficaz contra a paraparesia espástica tropical. Porén, a estes doentes adóitaselle pautar interferón alfa ou ciclofosfamida, iso si con resultados incertos.[2] O resto do tratamento que se emprega é puramente sintomático, isto é, procura calmar a sintomatoloxía derivada da doenza, para o control farmacolóxico de síntomas coma a espasticidade, a dor, a incontinencia urinaria. A rehabilitación xoga tamén un papel importante dadas as grandes dificultades dos pacientes para camiñaren.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

NotasEditar

  1. JJ Zarranz; Neuroloxía. Ed Esselvier, 4º edición. Capítulo 20: Doenzas desmielinizantes.
  2. Dr. Guillermo Urquizo Ayala e al: Paraparesia espástica tropical: a propósito de un caso clínico. Rev. Cuadernos 2006;51(1)71-73. Dispoñíbel aquí Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine..