Abrir o menú principal
Ciclofosfamida.
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A ciclofosfamida é un medicamento da familia de axentes alquilantes usado como antineoplásico e inmunosupresor, do grupo dos complexos de coordinación de platino.[1]

Índice

EmpregoEditar

Como quimioterapia, úsase xa sexa en monoterapia ou combinado xunto a outros axentes de quimioterapia para tratar varias clases de linfoma, como o mieloma múltiple ou a leucemia. Tamén se usa como tratamento de tumores sólidos, como o cancro de ovario, o cancro de mama, o cancro de pulmón de células pequenas, o neuroblastoma e o sarcoma.

Como inmunosupresor úsase no lupus eritematoso sistémico, a granulomatose de Wegener, a esclerose múltiple, e complicacións ou comorbilidades das anteriores como a síndrome nefrótica. Tamén é usado para evitar o rexeitamento agudo despois dun transplante. Adminístrase por vía oral ou intravenosa.

NotasEditar

  1. Goodman & Gilman's the pharmacological basis of therapeutics (11th ed. ed.). McGraw-Hill Medical Publishing Division. ISBN 970-10-5739-2. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar