Doctrina nazonalista

Doctrina nazonalista é un libro de ensaio político, un tratado de nacionalismo galego, escrito por Ramón Villar Ponte que se publicou na imprenta de El Correo Gallego de Ferrol a finais de 1921 e que se distribuíu en 1922, coincidindo co esgazamento das Irmandades da Fala en dous sectores enfrontados, o que lle restou difusión.[1].

Doctrina nacionalista
Ramón Villar Ponte, Doctrina Nazonalista, 1921.jpg
Autor/aRamón Villar Ponte
OrixeGalicia
LinguaGalego
Xénero(s)Ensaio
EditorialImprenta El Correo Gallego
Data de pub.1ª edición, 1921
Páxinas102 páx.
editar datos en Wikidata ]

CaracterísticasEditar

A obra está influída por Vicente Risco [2] e pola súa Teoría do nacionalismo galego publicada en 1920 pero amosa un cariz anovador, presentando un nacionalismo progresista e democrático, cunha importante presenza dos elementos espirituais: o folclore e sobre de todo a lingua que se converte no alicerce da nación fronte os compoñentes físicos: raza e terra, omnipresentes na obra de Risco.

O limiar é da autoría de Josep Puig i Cadafalch, na época presidente da Mancomunidade de Cataluña e a obra artéllase en oito capítulos escritos ao xeito de preguntas e respostas. Ademais da influencia de Risco salienta a federalista de Francesc Pi i Margall e rexeneracionalista de Joaquín Costa. O libro influíu na visión nacionalista de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que reflectiu no Sempre en Galiza [3].

NotasEditar

  1. Ínsua, Emilio; Martínez, Xurxo (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. p. 242. ISBN 978-84-9121-304-8. 
  2. Justo G. Beramendi e Xosé Manoel Núñez Seixas (2ª ed. 1996) O nacionalismo galego. Vigo:A Nosa Terra, p. 112
  3. Francisco Rodríguez (2006) "Vixencia dos textos filosófico-políticos de Ramón Vilar Ponte», Terra e Tempo, Compostela, nº. 137-140.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar