Djet
Djet ou Uadye "serpe", foi o cuarto faraón da dinastía I de Exipto, c. 2927-2914 adC (von Beckerath).
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XXX a. C. ![]() |
Morte | século XXX a. C. ![]() |
Lugar de sepultura | Umel Caabe (pt) ![]() ![]() |
Faraón | |
← Djer – Den → ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Antigo Exipto ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Outro![]() | |
Título | Faraón ![]() |
Familia | Primeira dinastía de Exipto ![]() |
Cónxuxe | Ahaneith Merytneit |
Fillos | Den ( ![]() ![]() |
Pais | Djer ![]() ![]() ![]() |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f3/Egypte_louvre_290.jpg/150px-Egypte_louvre_290.jpg)
Manetón denomínao Uenefes e atribúelle 23 anos (Xulio Africano) ou 42 anos (Eusebio de Cesarea) de reinado. Segundo a versión armenia de Eusebio, Vavenefis reinou 42 anos.
En tempos de Djet vivía unha muller, Meritneit, coñecido pola súa tumba en Abidos. Posibelmente Meritneit era a esposa do faraón Djer e a nai de Djet e Den. Así ela sería rexente no primeiro período do reinado de Djet.
Manetón comenta que na súa época unha gran fame negra arrasaría a Exipto.
Fixo expedicións fóra de Exipto e atopáronse pegadas do seu paso polo deserto arábigo, no camiño que conduce ao mar Vermello.
Construcións
editarManetón (segundo Africano e Eusebio) di que ordenou construír unhas pirámides próximas a Kokome, localidade que se identificou con Saqqara.
O lugar da súa sepultura é a tumba Z na necrópole de Umm o-Qaab, en Abidos.
Testemuños da súa época
editar- Tumba Z en Abidos, a tumba do rei e o recinto para o culto do rei
- Impresións de selo da mastaba V en Giza (Petrie)
- Inscricións da tumba 3504 en Saqqara (Emery). A tumba puido ser a do alto oficial Sejemka, que serviu baixo do rei Djet (Emery)
- Ferramentas de cobre da tumba subsidiaria 387 do recinto de Dyet, Abidos.
- O seu nome atopouse impreso na tumba T de Umm o-Qaab, Abidos.
Predecesor: Djer |
Faraón Primeira Dinastía |
Sucesor: Den |