Sexto Xulio Africano

(Redirección desde «Xulio Africano»)

Sexto Xulio Africano, nado en Xerusalén sobre o 160 e finado sobre 240, foi un historiador e apoloxista helenista de influencia cristián-africana.

Sexto Xulio Africano
Nacementoc. 160
Lugar de nacementoAelia Capitolina
Falecementoc. 240
Lugar de falecementoXerusalén
NacionalidadeRoma Antiga
EtniaGregos
Ocupaciónescritor, historiador e filósofo
Coñecido porChronographiai
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Aelia Capitolina (antiga Xerusalén). Foi oficial ao servizo do emperador Septimio Severo. Alexandre Severo encargoulle organizar unha biblioteca para el en Roma. Estableceu certa amizade con Oríxenes. Viviu en Nicópole, Palestina (Emaús) de onde foi bispo "segundo a tradición" (cousa posibelmente falsa). Morreu en Xerusalén cara ao ano 250.

Obras editar

Escribiu unha obra chamada Crónicas[1] (cronografía), a primeira historia sincrónica do pobo grego e xudeu, desde a data da Creación (-5500 segundo os seus cálculos) ata a época de Heliogábalo (221). Os cinco libros das súas Crónicas, dos que só perduran algúns fragmentos, son referencia obrigada para os escritores Eusebio de Cesarea, Xurxo Sincelo, Cedreno, o redactor da Crónica Paschale e outros posteriores. Xulio Africano copiou de Manetón, adaptándoo á súa mentalidade de cristián africano, redactando con afán apoloxético máis que de historiador.

Notas editar