Merytneit

Merytneit ou Merneit, foi unha raíña da Primeira Dinastía, ca. 2927 a.C.. Puido que gobernara Exipto por dereito propio, segundo varios rexistros oficiais. Se fose así ela e nun caso similar, a esposa real anterior Neithhotep serían as primeiras mulleres faraón de Exipto e as primeiras raínas gobernantes na historia registrada. O seu goberno produciuse ao redor do 2950 a.C.[1] durante un período non determinado. O nome de Merneith significa "Amado por Neith" e a súa estela contén símbolos desa antiga deidade exipcia. Quizais fose filla de Djer e probablemente fose a primeira esposa real de Djet. O primeiro quería dicir que sería a bisneta do primeiro faraón unificado de Exipto, Narmer. Tamén foi a nai de Den,[2] o seu sucesor.

Merytneit
Faraón
Merneith stele.jpg
Estela na tumba de Merneith en Umm el-Qa'ab.

Reinadoca. -2950 [1]
SepulturaTumba Y, Umm El Qa'ab
PredecesorDjet
RexenteDen
SucesorDen
ConsorteDjet
DescendenciaDen

FamiliaEditar

Merneith está relacionada cos faraóns Djer, Djet e Den nunha variedade de impresións de selos e cuncas inscritas. Merneith pode ser a filla de Djer, pero non hai probas concluíntes. Como nai de Den, é probable que Merneith fose a muller de Djet. Non se atopou información sobre a identidade da súa nai.[3][4]

Un selo de arxila atopado na tumba do seu fillo Den foi gravada con "Madre do rei, Merneith".[2] Tamén se sabe que o pai de Den era Djet, polo que é probable que Merneith fose a esposa real de Djet.

BiografíaEditar

Crese que Merneith se converteu en gobernante á morte de Djet. Non obstante, debátese o título que ostentou. É posible que o seu fillo Den fose demasiado novo para gobernar cando morreu Djet, polo que pode ter gobernado como rexente ata que Den tivese a idade para ser faraón por si mesmo. Antes dela, crese que Neithhotep gobernou do mesmo xeito despois de que o seu marido o faraón Narmer falecese, xa que o fillo de Narmer era demasiado novo para gobernar. O seu nome estaba escrito nun selo de Naqada dentro dun serekh, que era o xeito en que se escribían os nomes dos faraóns. Isto significaría que Merneith podería ser a segunda muller da primeira dinastía de Exipto en gobernar como faraona.

A proba máis forte de que Merneith foi gobernante de Exipto é a súa tumba. Esta tumba en Abidos (Tumba Y) é única entre as tumbas exclusivamente masculinas. Merneith foi enterrada preto de Djet e Den. A súa tumba ten a mesma escala que as tumbas dos faraóns daquel período. Cerca da súa tumba descubríronse dúas estelas sepulcrales que levaban o seu nome. O nome de Merneith non está incluído nas listas de faraóns do Imperio Novo de Exipto. Un selo que contiña unha lista de faraóns da primeira dinastía atopouse na tumba de Qaa, o terceiro faraón coñecido logo de Den, o seu fillo. Non obstante, esta lista non menciona o reinado de Merneith. [4]

Existen algunhas outras probas sobre Merneith noutros lugares:

  • O nome de Merneith aparece nun selo que se atopa na tumba do seu fillo, Den. O selo inclúe a Merneith nunha lista dos primeiros faraóns da dinastía. O nome de Merneith era o único nome dunha muller incluída na lista. Todos os nomes da lista son os nome Horus dos faraóns. Non obstante, o nome de Merneith vai acompañado do título "Nai do Faraón".
  • O nome de Merneith pode estar incluído na Pedra de Palermo.[4]
  • Elementos da gran mastaba (n.º 3503, 16 x 42 m) en Saqqara, onde se atopou o seu nome nas inscricións en vasos de pedra, tarros, así como nas impresións de selos. En concreto, hai un selo de Saqqara, que mostra o nome de Merneith nun serekh. [4]
  • O chamado Recinto Merneith é un grupo de tumbas do cemiterio de Shunet el-Zebib. Estas tumbas datán da época de Merneith.[5]
  • O nome de Merneith atopouse en obxectos da tumba do faraón Djer en Umm el-Qa'ab.

Tumbas en Abidos e SaqqaraEditar

 
Cemiterio B, Umm el-Qa'ab. Tumbas dos faraóns da primeira e segunda dinastía de Exipto.
 
Plano da cámara principal da tumba de Merneith.

En Abidos, a tumba pertencente a Merneith atopouse nunha zona asociada a outros faraóns da primeira dinastía, Umm el-Qa'ab. No lugar atopáronse dúas estelas de pedra, identificando a tumba como a súa.

En 1900 Flinders Petrie descubriu a tumba de Merneith e, pola súa natureza, creron que pertencía a un faraón antes descoñecido. A tumba foi escavada e mostrouse que contiña unha gran cámara subterránea, forrada de ladrillos de barro, que estaba rodeada por filas de pequenos enterramentos satélites, con polo menos 40 tumbas subsidiarias para os servos.[4][6]

Se pensaba que os servos axudaban ao gobernante na outra vida. O enterro de servos cun gobernante era unha práctica constante nas tumbas dos faraóns da primeira dinastía. Tamén se enterraron no complexo sepulcral unha gran cantidade de bens sacrificiais, que é outro honor concedido aos faraóns que proporcionaban ao gobernante animais poderosos para a vida eterna. Este complexo de enterramentos da primeira dinastía foi moi importante na tradición relixiosa exipcia e a súa importancia creceu a medida que durou a cultura.

Os arqueólogos descubriron no interior da súa tumba unha barca solar[7] que lle permitiría viaxar coa divindade do sol no alén.

Abidos foi o sitio de moitos templos antigos, incluída Umm el-Qa'ab, a necrópole real, onde se enterraron os primeiros faraóns.[8] Estas tumbas comezaron a verse como enterramentos extremadamente significativos e en épocas posteriores fíxose desexable ser enterrado na zona, o que levou ao crecemento da importancia da cidade como lugar de culto.

En Saqqara, a tumba de Merneith presenta características que posiblemente mostran os construtores da Terceira Dinastía. Oculto dentro da fachada rectangular normal do palacio mastaba da tumba de Merneith en Saqqara está a base dunha estrutura escalonada, unha xustaposición de dous métodos de construción diferentes. Quizais é indicativo da fusión de estilos do norte e do sur que foi o que levou, en definitiva, á Pirámide escalonada de Djoser, ou influíu no deseño da estrutura da Terceira Dinastía.[9]

NotasEditar

Referencias
  1. 1,0 1,1 Teeter, Emily (ed.). Before the Pyramids, The Origins of Egyptian Civilization. The Oriental Institute of the University of Chicago, 2011, p. 207
  2. 2,0 2,1 Wilkinson, Toby A.H. Early dynastic Egypt Routledge; 1 edition (14 Jun 2001) ISBN 978-0-415-26011-4 p.74 [1]
  3. Aidan Dodson & Dyan Hilton: The Complete Royal Families of Ancient Egypt. Thames & Hudson, 2004, ISBN 0-500-05128-3, p.140
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 J. Tyldesley, Chronicle of the Queens of Egypt, 2006, Thames & Hudson
  5. Porter and Moss Topographical Bibliography; Volume V Upper Egypt Griffith Institute. p.55
  6. [2] Tomb of Merneith at Abydos
  7. Egypt solar boats
  8. "Tombs of kings of the First and Second Dynasty". Digital Egypt. UCL. Consultado o 2008-01-15. 
  9. A., Clayton, Peter. Chronicle of the Pharaohs : the reign-by-reign record of the rulers and dynasties of ancient Egypt. New York, N.Y. pp. 24-25. ISBN 0500050740. OCLC 31639364. 

Véxase taménEditar