Abrir o menú principal

A dinastía Nguyền (en vietnamita: Nhà Nguyễn) foi a última familia imperial gobernante que existiu na historia de Vietnam. O seu período de poder comezou en 1802, cando o emperador Gia Long derrocou a dinastía Tây So'n e se fixo co poder. En 1945 a abdicación do emperador Bảou Đại deu paso á extinción do último resto dos Nguyền.

Dinastía Nguyễn

 

18021945
 

Himno: Đăng đàn cung
Capital Huế
Lingua Vietnamita
Goberno Monarquía absoluta
Emperador
 • 1802 - 1820 Gia Long
 • 1926 - 1945 Bảo Đại
Historia
 • Gia Long somete Annam 1802
 • Protectorado francés 1884 - 1940
 • Ocupación militar xaponesa 1940 - 1945
¹Entre 1884 e 1945 foi un protectorado integrado na Indochina Francesa.

O nome orixinal do país era Vinệt Nam (越南) e así foi coñecido durante o reinado do emperador Gia Long. Pero en 1839 por orde do emperador Minh Mạng o nome do país foi substituído polo de Đại Nam. Durante certos momentos tamén foi denominado Imperio de Vietnam (en vietnamita: Đế chế Vinệt Nam). A partir de 1884 converteuse nun protectorado francés integrado na Unión Indochina. Entre 1940 e 1945 o país estivo baixo ocupación militar xaponesa, ao que seguiu o intento errado de crear un estado monicreque dos xaponeses e a restauración do poder colonial francés.

HistoriaEditar

En 1802 o nobre Gia Long logrou derrocar as forzas da dinastía Tây So'n e fíxose co control de Annam, instaurando unha nova dinastía á cabeza do país: a dos Nguyền. O 2 de xuño do mesmo ano foi coroado como o novo emperador vietnamita. Desde a cidade imperial de Huế, a beiras do río Perfume, o monarca estendía o seu poder sobre resto do país. En 1839 o nome do país, anteriormente coñecido como Vinệt Nam (越南), foi substituído polo de Đại Nam por orde do emperador Minh Mạng.

Durante as seguintes décadas os emperadores vietnamitas opuxéronse frontalmente á intromisión de misioneiros católicos e dos aventureiros franceses, e procuraron reducir a influencia das comunidades católicas que ían arraigándose no país (incluída a poboación vietnamita). O emperador Tự Đức sería o último que gobernou Vietnam con certa independencia antes da chegada dos franceses a Indochina.

Colonización francesaEditar

 
Lang de ouro do emperador Thieu Tri.

En 1884, o emperador Hàm Nghi, tivo que renderse ante a evidencia e aceptar o protectorado francés sobre o imperio. Así, mentres Huế seguiu sendo "capital" do imperio, o gobernador francés estabeleceu a súa residencia en Saigón e máis tarde en Hanoi, na rexión de Tonkín. En 1887, ao novo protectorado que recibiu o nome de Unión Indochina serían anexados os territorios de Camboxa e de Luang Prabang. Ademais destes territorios, uns anos máis tarde, Siam cedeu os territorios laosianos que retiña baixo o seu control.

En 1916, en plena Primeira Guerra Mundial, o emperador Duy Tân dirixiu unha fracasada rebelión contra o poder colonial francés. Pero as autoridades francesas decatáronse dos plans, polo que foi rapidamente sufocada, os xefes executados e o emperador foi exiliado á illa de Reunión. Este fracaso non fixo senón confirmar a condición de auténticos monicreques á que quedaran reducidas as autoridades vietnamitas, co emperador á cabeza. Foi durante esta época cando os sentimentos nacionalistas empezáronse a fortalecer e adquiriron importantes influencias nalgunhas capas da poboación. Os desastres naturais ocorridos entre 1914 e 1917, e o malestar coa administración francesa sementaron o descontento que levou á errada rebelión de 1916.

Colapso da dinastíaEditar

 
Séquito do emperador Bảou Đại o día da súa coroación.

Tras o comezo da Segunda Guerra Mundial e a Caída de Francia en mans alemás instalouse o goberno colaboracionista de Vichy. As novas autoridades francesas eran totalmente impotentes para facer fronte ás ameazas do Imperio xaponés sobre a Indochina francesa, e cando a finais de setembro de 1940 o Exército Imperial Xaponés entrou e ocupou a colonia francesa fixérono sen oposición das autoridades de Vichy. Durante a estancia xaponesa no país deu comezo a actividade dun movemento de resistencia denominado Viet Minh baixo o liderado de Hồ Chí Minh, líder vietnamita comunista.

En 1945 as autoridades xaponesas tomaron a decisión de levar a cabo unha ocupación total do territorio, á vez que proclamaban un novo estado monicreque na zona: o Imperio de Vietnam, co nomeamento de Bảou Đại como novo emperador vietnamita. En vistas á máis que próxima derrota militar do Xapón, os militares concederon a unidade territorial ao país e garantiron a súa independencia como parte da denominada Esfera de Coprosperidade da Gran Asia Oriental. Con todo, esta acción produciuse nunha data demasiado tardía como para ter algunha influencia na guerra e ser un estado viable. A comezo de agosto o novo réxime imperial achábase próximo ao colapso, mentres as actividades do Viet Minh atopábanse no seu máximo auxe. A finais de mes producíronse distintas rebelións comunistas ao longo do país, á vez que tiña lugar a Rendición do Xapón ás potencias aliadas. Neste contexto tivo lugar a toma do poder polo Viet Minh e a abdicación de Bảou Đại como último emperador de Vietnam. Aínda que o poder colonial francés foi restaurado na península indochina, o 2 de setembro tivo lugar en Hanoi a proclamación da República Democrática de Vietnam por Hồ Chí Minh.

Listaxe de emperadoresEditar

 
Representación dunha cerimonia de matrimonio vietnamita en Tonkín, ao comezo do período colonial.

Coincidindo co final da dinastía Lê en 1802, Nguyễn Phúc Ánh logrou facerse co poder e unificar o país, dándolle o nome de «Vinệt Nam». Nguyễn Phúc Ánh converteuse no primeiro emperador vietnamita baixo o nome de Gia Long, fundando así a dinastía dos Nguyễn que reinou no país até a abdicación de Bảou Đại en 1945.

Nome Nome chinés Reinado Notas
Gia Long 嘉隆帝 18021820 Inicio da dinastía.
Minh Mạng 明命帝 18201841
Thiệou Trị 紹治帝 1841 – 1847
Tự Đức 嗣德帝 18471883 Comezo da colonización francesa.
Dục Đức 育德帝 1883 Reinou só durante 3 días.
Hiệp Hòa 協和帝 1883 Suicidouse.
Kiến Phúc 建福帝 1883 – 1884 Morto en estrañas circunstancias.
Hàm Nghi 咸宜帝 1884 – 1885 Anexión francesa de Tonkín.
Đồng Khánh 同慶帝 1885 – 1889
Thành Thái 成泰帝 18891907
Duy Tân 維新帝 19071916 Fracaso da Sublevación de 1916. Duy Tân foi exiliado á illa da Reunión.


Khải Định 啟定帝 19161925
Bảou Đại 保大帝 19261945 Ocupación xaponesa durante a II Guerra Mundial. Final da dinastía.

Lista das bandeiras das unidades administrativas da dinastía NguyenEditar

Utilizáronse as bandeiras das unidades administrativas da dinastía Nguyen desde ao redor de 1868 a 1885, con 2:2.[1][2]

Provincias ReaisEditar

Provincias da Rexión NorteEditar

Provincias da Rexión CentralEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar