Dihidroxiacetona fosfato

composto químico
(Redirección desde «Dihidroxiacetona-fosfato»)

A dihidroxiacetona fosfato [1], tamén escrita dihidroxiacetona-fosfato[2] (DHAP) é un composto de tres carbonos coa fórmula C3H7O6P implicado en varias reaccións metabólicas importantes da glicólise, gliconeoxénese ciclo de Calvin da fotosíntese e síntese de lípidos.

Dihidroxiacetona fosfato
Dihidroxiacetona fosfato
Identificadores
Número CAS 57-04-5
PubChem 4643300
ChemSpider 3833110
ChEBI CHEBI:57642
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C3H7O6P
Masa molecular 170,06 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Glicólise e gliconeoxénese editar

A dihidroxiacetona fosfato é un dos produtos intermediarios da glicólise, xa que se orixina durante a rotura da molécula de frutosa 1,6-difosfato para dar unha molécula de gliceraldehido 3-fosfato e outra de dihidroxiacetona fosfato, reacción reversible catalizada polo encima frutosa-bisfosfato aldolase [3].

               +     
Frutosa 1,6-difosfato   Gliceraldehido 3-fosfato   Dihidroxiacetona fosfato
Frutosa-bisfosfato aldolase

A dihidroxiacetona fosfato así formada isomerízase rapidamente a gliceraldehido 3-fosfato pola acción da triosa fosfato isomerase, nunha reacción reversible. Isto ten como resultado que se forman dúas moléculas de gliceraldehido 3-fosfato, que continúan as reaccións da ruta glicolítica [3].

           
Dihidroxiacetona fosfato   Gliceraldehido 3-fosfato
Triosa fosfato isomerase


Na gliconeoxénese as dúas reaccións mencionadas da glicólise teñen lugar en sentido inverso, xa que son reversibles.

Ciclo de Calvin editar

A dihidroxiacetona fosfato intervén no ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese. Orixínase pola redución con gasto de NADPH do 1,3-difosfoglicerato, que forma gliceraldehido 3-fosfato. Parte das moléculas de gliceraldehido 3-fosfato isomerízanse a dihidroxiacetona fosfato, que continúa as reaccións do ciclo.

No ciclo de Calvin a dihidroxiacetona fosfato utilízase na síntese de sedoheptulosa 1,7-difosfato ao reaccionar coa eritrosa 4-fosfato, e na síntese de frutosa 1,6-difosfato ao reaccionar co gliceraldehido 3-fosfato. A sedoheptulosa 1,7-difosfato e a frutosa 1,6-difosfato utilizanse despois para rexenerar a ribulosa 1,5-difosfato, que é a molécula que inicia o ciclo de Calvin coa fixación do carbono [3].

Síntese de lípidos editar

A dihidroxiacetona fosfato formada na glicólise pode reducirse a L-glicerol 3-fosfato, que funciona como o glicerol activado que se utiliza para proporcionar o glicerol que forma parte de moitos lípidos durante a síntese dos mesmos.

O encima que actúa é a glicerol 3-fosfato deshidroxenase, que require NAD+/NADH como cofactor.

De modo inverso, a deshidroxenación do L-glicerol-3-fosfato, procedente do glicerol dos triglicéridos, pode orixinar dihidroxiacetona fosfato, que entra na glicólise.

O glicerol dos lípidos da dieta é unha importante fonte de para a síntese de lípidos.

O glicerol pode orixinar glicerol 3-fosfato con gasto de ATP nunha reacción catalizada pola gliceroquinase.

Lanzadeira do glicerol-fosfato editar

A dihidroxiacetona tamén intervén transformándose en glicerol fosfato na lanzadeira do glicerol-fosfato, que permite levar coencimas reducidos desde o citosol ao interior da mitocondria.

 

Notas editar

  1. ChemSpider Dihydroxyacetone phosphate
  2. PubChem compund dihydroxyacetone-P
  3. 3,0 3,1 3,2 A. Lehninger. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Páxinas 404-406, 665. ISBN 84-282-0738-0

Véxase tamén editar

Outros artigos editar