Sedoheptulosa 1,7-bisfosfato

composto químico
(Redirección desde «Sedoheptulosa 1,7-difosfato»)
Sedoheptulosa 1,7-bisfosfato



Nome IUPAC 2,3,4,5-Tetrahidroxi-6-oxo-1,7-
heptanediíl bis[dihidroxen
(fosfato)][1]
Outros nomes Sedoheptulosa 1,7-bifosfato
D-Sedoheptulosa 1,7-P2
Fórmula empírica C7H16O13P2
Masa molecular 366,1 g/mol
Estado físico/Cor
Número CAS
Propiedades
Densidade
Punto de fusión
Punto de ebulición
Solubilidade en auga

A sedoheptulosa 1,7-bisfosfato[2], sedoheptulosa 1,7-difosfato ou sedoheptulosa-1,7-difosfato[3] é unha molécula do monosacárido sedoheptulosa fosforilado nos carbonos 1 e 7 [4]. Trátase dun azucre de sete carbonos (heptosa) cun grupo cetona no carbono 2 (é unha cetosa) e un grupo fosfato esterificado en cada un dos carbonos dos extremos da molécula. Intervén no ciclo de Calvin da fotosíntese.

No ciclo de Calvin da fase rexenerativa da fase escura da fotosíntese, orixínase sedoheptulosa 1,7-bisfosfato na reacción entre a eritrosa 4-fosfato e a dihidroxiacetona fosfato [5] catalizada por unha aldolase.

eritrosa 4-fosfato + dihidroxiacetona fosfato sedoheptulosa 1,7-bisfosfato

Despois, a sedoheptulosa 1,7-bisfosfato formada perde o fosfato do carbono 1 [5] en reacción catalizada pola sedoheptulosa-1,7-bisfosfatase, orixinando sedoheptulosa 7-fosfato.

sedoheptulosa 1,7-bisfosfato sedoheptulosa 7-fosfato + Pi

Notas editar

  1. ChemSpider
  2. MeSH Sedoheptulose 1,7-bisphosphate
  3. PubChem compound D-sedoheptulose-1,7-P2
  4. CHEBI
  5. 5,0 5,1 A. Lehninger. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Páxinas 665. ISBN 84-282-0738-0.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar