Sedoheptulosa 7-fosfato
A sedoheptulosa 7-fosfato [2][3] ou sedoheptulosa-7-fosfato é unha molécula do monosacárido sedoheptulosa fosforilada no carbono 7. Trátase dun azucre de sete carbonos (heptosa), cun grupo cetona no carbono 2 (é unha cetosa) e cun fosfato esterificado no carbono 7. No metabolismo actúa como intermediario da ruta da pentosa fosfato e nas plantas no ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese.
Sedoheptulosa 7-fosfato | |
---|---|
(2R,3R,4R,5S)-(2,3,4,5,7-Pentahidroxi-6- | |
Identificadores | |
Número CAS | 2646-35-7 |
PubChem | 165007 |
ChemSpider | 144663 |
MeSH | sedoheptulose+7-phosphate |
ChEBI | CHEBI:15721 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C7H15O10P |
Masa molecular | 290,162 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Na ruta da pentosa fosfato
editarA sedoheptulosa 7-fosfato intervén na fase non oxidativa da ruta da pentosa fosfato. Orixínase na reacción entre a ribosa 5-fosfato e a xilulosa 5-fosfato catalizada polo encima transcetolase, que dá lugar a sedoheptulosa 7-fosfato e gliceraldehido 3-fosfato.
Despois, o gliceraldehido 3-fosfato e a sedoheptulosa 7-fosfato reaccionan formando frutosa 6-fosfato e eritrosa 4-fosfato, en reacción catalizada pola transaldolase.
Na fotosíntese
editarNa fase rexenerativa do ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese a sedoheptulosa 7-fosfato intervén nas seguintes reaccións [4]:
Orixínase a partir da sedoheptulosa 1,7-difosfato, que perde o fosfato do carbono 1 en reacción catalizada pola sedoheptulosa-1,7-bisfosfatase.
Despois, a sedoheptulosa 7-fosfato formada reacciona co gliceraldehido nunha reacción similar á da ruta da pentosa fosfato, pero en dirección inversa.
Notas
editar- ↑ ChemSpidefr
- ↑ PubChem compound Sedoheptulose 7-phosphate
- ↑ CHEBI sedoheptulose 7-phosphate
- ↑ A. Lehninger. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Páxinas 665. ISBN 84-282-0738-0.