Un heptosa é un monosacárido de sete átomos de carbono coa fórmula c7H14O7. As heptosas derivadas sedoheptulosa-7-fosfato e sedoheptulosa-1,7-difosfato interveñen na ruta da pentosa fosfato e no ciclo de Calvin da fotosíntese. As heptosas da serie D poden atoparse nos lipopolisacáridos das paredes bacterianas.

Estrutura da sedoheptulosa, unha heptosa importante.

As heptosas poden ter un grupo aldehido (aldoheptosas), situado no carbono 1, ou un grupo cetona (cetoheptosas ou cetoheptulosas), situado no carbono 2 ou máis raramente no 3, 4 ou 5 [1].

Aldoheptosas

editar

Teñen cinco carbonos asimétricos, polo que forman 16 pares de enantiómeros. Salientaremos as seguintes:

 

Cetoheptosas

editar

As cetoheptosas posúen catro átomos de carbono asimétricos e forman 8 pares de enantiómeros. As cetoheptosas coa función cetona en posición 2 son:

 
  1. Peter M. Collins (2005). CRC Press, ed. Dictionary of carbohydrates (en inglés). p. 607. ISBN 0849338298. 
  2. Mannoheptulose sur MeSH