O didgeridoo (tamén coñecido como didjeridu ou didge) é un instrumento de vento desenvolvido polos indíxenas australianos do Territorio do Norte hai aproximadamente 1.500 anos. Hoxe en día segue a ser empregado tanto en Australia como no resto do mundo.

Didgeridoo
Didgeridoo
Información
Clasificación
Tesitura
Instrumentos relacionados

Historia

editar
Son dun didgeridoo.

Non existen fontes fiábeis que indiquen a antigüidade exacta do didgeridoo. Os estudos arqueolóxicos de arte rupestre no norte de Australia indican que os habitantes da rexión de Kakadu levan empregando o didgeridoo polo menos dende hai 1.000 anos. Estes estudos baséanse na datación das pinturas nas paredes das covas e refuxios deste período.[1]

Características

editar
 
Home tocando o didgeridoo

Un didgeridoo é xeralmente de forma cilíndrica ou cónica, e pode medir de 1 a 3 m de lonxitude.[2] A maioría son de 1,2 m de longo pero todos teñen a particularidade de ter só un orificio de saída do aire. O son do didjeridoo é producido pola vibración dos beizos e por outros sons emitidos polo instrumentista.

Adoita facerse de madeira de eucalipto,[3] pero tamén se fan con bambú. Os didgeridoos tradicionais dos aborixes adoitan ser decorados con símbolos e motivos da pintura aborixe australiana.

Técnica

editar
 
Músico tocando un didgeridoo ao carón da catedral de Santiago de Compostela.

O didgeridoo é tocado coa continua vibración dos beizos para producir o son mentres que a vez se emprega unha técnica especial de respiración chamada respiración circular. Esta esixe a respiración a través do nariz e ao mesmo tempo a expiración débese facer pola boca usando a lingua e as meixelas. Para un músico experimentado, a técnica da respiración circular permítelle renovar o aire dos seus pulmóns mantendo unha nota todo o tempo que desexe.

  1. Neuenfeldt, Karl (1997). Perfect Beat Publishers, ed. The Didjeridu: From Arnhemland to Internet. p. 89–98. ISBN 1-86462-003-X. 
  2. Fletcher, N.H. (1996) The didjeridu (didgeridoo). Acoustics Australia 24, 11-15.
  3. Taylor R., Cloake J, and Forner J. (2002) Harvesting rates of a Yolgnu harvester and comparison of selection of didjeridu by the Yolngu and Jawoyn, Harvesting of didjeridu by Aboriginal people and their participation in the industry in the Northern Territory (ed. R. Taylor) pp. 25–31. Report to AFFA Australia. Northern Territory Parks and Wildlife Service, Department of Infrastructure, Planning and Environment, Palmerston, NT.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar