Dicionario de dicionarios
O Dicionario de dicionarios da lingua galega, ou só Dicionario de dicionarios (DdD), é unha ferramenta lexicográfica dixital que recompila obras lexicográficas da lingua galega dos séculos XIX e XX. Desenvolvido e mantido polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a coordinación do profesor Antón Santamarina, o DdD foi publicado orixinalmente en CD-ROM, e súa versión web ampliou significativamente o seu contido.[1] [2]
Dicionario de Dicionarios | |
---|---|
Logotipo da edición en liña de 2006 | |
Autor/a | Coordinado por Antón Santamarina |
Orixe | Galiza |
Lingua | Galego |
Tema(s) | lexicografía |
Xénero(s) | Lexicografía |
Editorial | Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e desenvolvemento
editarA primeira versión dixital do DdD publicouse en formato CD-ROM,[cando?] recollendo 345.742 entradas de 25 obras distintas. Esta iniciativa buscaba preservar e facilitar o acceso ao patrimonio lexicográfico galego.
En 2006, a colaboración entre o ILG e o Seminario de Lingüística Informática da UVigo culminou na creación dunha versión web ampliada.
A nova edición en liña inclúe 392.768 entradas documentadas en 32 obras, e está enlazada na web da Real Academia Galega.[3]
Notas
editar- ↑ "RILG". sli.uvigo.gal/RILG/. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2018. Consultado o 29 de marzo de 2024.
- ↑ "Dicionario de dicionarios". ilg.usc.gal. Consultado o 2024-03-29.
- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-03-29.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- bUSCatermos
- Dicionario da Real Academia Galega
- Diccionario da Real Academia Galega
- Diccionario galego de termos médicos
- Historia da lingua galega
- Normativa oficial do galego
- Reintegracionismo
Ligazóns externas
editar- Dicionario de dicionarios (usc.gal)