Emigración europea
A emigración europea é a migración dos pobos de Europa cara a outros continentes. A emigración dende Europa a grande escala comezou durante a era dos Imperios coloniais europeos dos séculos XVIII e XIX e continúa até a época actual. Refírese especialmente ó Imperio Español dos século XVI e XVII (expansión da hispanosfonía), ó Imperio Británico entre os século XVII e XIX (expansión da anglofonía), o Imperio portugués e o Imperio Ruso no século XIX (expansión cara Asia Central e o Extremo Oriente Ruso).
Dende 1815 até 1932, 60 millóns de persoas abandonaron Europa (moitos deles acabaron regresando), principalmente cara a "áreas de asentamento europeo" nas Américas (especialmente nos Estados Unidos, Canadá, Arxentina e o Brasil), Australia, Nova Zelandia e Siberia.[1] Estas poboacións medraron axiña nos seus novos hábitats; moito máis que as poboacións de África e Asia. Como resultado, na véspera da primeira guerra mundial, o 38% da poboación mundial era de ascendencia europea.[1]
En Asia, as poboacións de orixe europea (especificamente rusos) predomina en Asia do Norte, que é parte da Federación Rusa. África non ten países con maiorías de poboación de orixe europea, pero existen minorías significativas en Suráfrica con máis de 5 millóns de brancos, Namibia e algunhas rexións de países como Madagascar, Botswana e Marrocos.
Os países de América que recibiron maior número de inmigrantes europeos entre mediados dos séculos XIX e XX foron: os Estados Unidos (32,6 millóns), Arxentina (6,5 millóns), Canadá (5,1 millóns), Brasil (5,0 millóns), Venezuela (1,5 millóns), Cuba (1,4 millóns), Uruguai (713 000).[2] Outros países que recibiron un fluxo de inmigración máis modesto (achegando menos do 10% da migración europea en América Latina) foron: México (270 000), Chile (200 000 ou máis), Porto Rico (62 000), Perú (30 000), e Paraguai (21 000).[2][3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "European Migration and Imperialism". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2010. Consultado o 14 de setembro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Samuel L., ed. (2003). Mass Migration to Modern Latin America (en inglés). Wilmington, Delaware, USA. p. 14. ISBN 0-8420-2831-5. Consultado o 3 March 2016.
- ↑ Blanca Sánchez-Alonso (2005). docentes.fe.unl.pt, ed. "European Immigration into Latin America, 1870-1930" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de outubro de 2008. Consultado o 27 de abril de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emigración europea |