David Sassoli, nado en Florencia o 30 de maio de 1956 e finado en Aviano (Friúl-Venecia Xulia) o 11 de xaneiro de 2022, foi un xornalista e político italiano que entre 2019 e 2022 foi Presidente do Parlamento Europeo.

Infotaula de personaDavid Sassoli

(1969) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(it) David-Maria Sassoli Editar o valor em Wikidata
30 de maio de 1956 Editar o valor em Wikidata
Florencia, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xaneiro de 2022 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Aviano, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSutri (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente do Parlamento Europeo
3 de xullo de 2019 – 11 de xaneiro de 2022 (finado no cargo)
← Antonio Tajani (pt) TraducirRoberta Metsola →
Eurodeputado

2 de xullo de 2019 – 11 de xaneiro de 2022 (finado no cargo)Camilla Laureti (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Italy (en) Traducir

Eurodeputado

1 de xullo de 2014 –

Circunscrición electoral: Itália Central (pt) Traducir

Eurodeputado

14 de xullo de 2009 – 30 de xuño de 2014

Circunscrición electoral: Itália Central (pt) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Florencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xornalista , presentador de novas Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRai Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Democrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020World Economic Forum Annual Meeting 2020 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webdavidsassoli.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: pagina.DavidSassoli Twitter: DavidSassoli Instagram: davidsassoliofficial Find a Grave: 235793803 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Durante a súa mocidade participou en diferentes asociacións de estudantes católicos e foi membro do movemento scout. Profesionalmente comezou a súa andaina en medios rexionais e axencias de prensa antes de traballar no xornal milanés Il Giorno durante sete anos.

En 1993 pasou a traballar como reporteiro do telexornal da canle de televisión RAI 3, TG3. Posteriormente, formou parte da redacción informativa de Rai 1 e RAI 2. Entre 1999 e 2009 foi o presentador do telexornal principal da RAI 1, cubrindo tamén acontecementos de especial relevancia a nivel italiano e internacional para esta televisión.

Militante do Partido Democrático dende a súa fundación en 2007, en 2009 foi electo membro do Parlamento Europeo polo distrito de Italia Central. Entre 2009 e 2014 foi o responsable da delegación do Partido Democrático na Eurocámara. Reelecto en 2014 e 2019. Foi durante a lexislatura de 2014-2019 vicepresidente do Parlamento e membro do Comité de Transporte e Turismo.

En maio de 2019 foi electo presidente da Eurocámara. O 26 de decembro de 2021 foi ingresado nunha clínica oncolóxica en Aviano (provincia de Pordenone) por mor dunha recaída nunha pulmonía que sufrira en setembro de 2021. Faleceu alí o 11 de xaneiro de 2022 polas disfuncións provocadas no seu sistema inmunolóxico.[1] Foi o primeiro presidente do Parlamento Europeo en falecer durante o seu exercicio.

O funeral, na Basílica de Santa María dos Anxos e dos Mártires en Roma, congregou a mandatarios como a presidenta da Comisión Europea, Úrsula von der Leyen, e o presidente de Italia, Sergio Mattarella.[2] O 18 de xaneiro de 2022, Roberta Metsola foi escollida como sucesora de Sassoli á fronte do Parlamento Europeo.[3]


Predecesor:
Antonio Tajani
  
Presidente do Parlamento Europeo
 
2019 - 2022
Sucesor:
Roberta Metsola

Notas editar

  1. Online, Laura Zangarini e redazione (2022-11-01). "È morto David Sassoli, il presidente del Parlamento europeo". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 2022-01-11. 
  2. "Italia despide a Sassoli cun funeral de Estado". G24. Consultado o 2022-01-17. 
  3. "A maltesa Roberta Metsola converterase na presidenta do Parlamento Europeo co apoio dos tres grandes grupos". G24. Consultado o 2022-01-18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar