Abrir o menú principal

Partido Democrático (Italia)

partido político de Italia

O Partido Democrático (italiano: Partito Democratico, PD) é un partido político de Italia. O partido foi fundado en 2007, a través da fusión de varios partidos de centro-esquerda, que acudiran xuntos na Unión e na Oliveira (L'Ulivo) dende a década de 1990, nos cuais destacaban, dous partidos: os Demócratas de Esquerda, heredeiros do antigo Partido Comunista Italiano e, a Democracia e Liberdade-A Margarida, composto pola ala esquerda da antiga Democracia Cristiana.[2]

Partito Democrático
PartitoDemocratico svg.png
Dirixentes e organización
DirixenteMatteo Orfini
MocidadesGiovani Democratici
Filiación internacionalAlianza de Socialistas e Demócratas
Historia
Fundación2007
Posicións políticas
IdeoloxíaProgresismo
Europeismo
Reformismo
Outros datos
SedeVia Sant'Andrea delle Fratte, 16 – 00187, Roma[1]
Páxina webVia Sant'Andrea delle Fratte, 16 – 00187, Roma[1]

O PD a pesar de ser descrito como socialdemócrata[3], ten varias correntes internas. Por iso, o partido pode ser definido coma un catch-all-party, porque, dentro do partido, hai liberais, que defenden o liberalismo económico[4], coma Matteo Renzi, que segue unha liña inspirada pola Terceira via de Tony Blair[4], pasando pola esquerda cristiá[5], até socialistas democráticos, próximos aos sindicatos da socialdemocracia tradicional[6].

ReferenciasEditar

  1. 1,0 1,1 Partito Democratico (ed.). "Statuto del PD - Partito Democratico". Consultado o 17 de abril de 2018. 
  2. Slomp, Hans (2011-09-30). Europe, A Political Profile: An American Companion to European Politics (en inglés). ABC-CLIO. ISBN 9780313391811. 
  3. Collin, Richard Oliver; Martin, Pamela L. (2012). An Introduction to World Politics: Conflict and Consensus on a Small Planet (en inglés). Rowman & Littlefield. ISBN 9781442218031. 
  4. 4,0 4,1 "Archivio Corriere della Sera". archivio.corriere.it. Consultado o 2018-12-12. 
  5. "Parties and Elections in Europe". www.parties-and-elections.eu. Consultado o 2018-12-12. 
  6. "Italy. Everybody Is Crazy For Obama". iItaly.org (en inglés). Consultado o 2018-12-12.