David Mascato

piragüista galego

David Mascato García, nado no Grove o 13 de outubro de 1975, é un fisioterapeuta e deportista galego retirado,[1] que competiu en piragüismo nas modalidades de augas tranquilas e maratón. Foi tres veces subcampión do mundo e disputou dous Xogos Olímpicos (Sydney 2000 e Atenas 2004), nos que conseguiu dous diplomas olímpicos.

Infotaula de personaDavid Mascato
Nome orixinalDavid Mascato García
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1975 (48 anos)
O Grove, Pontevedra
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Galicia
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Peso81 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
DeportePiragüismo
Participou en
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTeresa Portela

Traxectoria

editar

Comezou no piragüismo aos 11 anos, cando probou ese deporte no Club Breogán do Grove. Gustoulle e deixou os outros deportes que practicaba.[2] En 1993 foi campión do mundo júnior en Copenhague nos C1 1000 metros e subcampión en C2 1000 metros,[3] e en 1997 foi cuarto no C1 500m dos Xogos Mediterráneos celebrados en Bari.[4] Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas de 1994, en Cidade de México, onde finalizou en oitava posición na proba de C1 1000 metros.[5] Catro anos despois, no Mundial de Szeged, logrou un quinto posto no C2 1000 metros, formando parella co tamén grovense Alfredo Bea.[6]

Ao ano seguinte gañou a súa primeira medalla internacional, no Campionato de Europa de Piragüismo en Augas Tranquilas, celebrado en Zagreb, ao finalizar terceiro xunto a Bea no C2 500m, mentres que nos 1000 metros remataron quintos.[7] Tamén quintos chegaron á meta no C2 1000 do Mundial dese mesmo ano, en Milán, mentres que foron cuartos nos 500.[8]

No Europeo do ano 2000, en Poznan, participaron en tres distancias do C2 (200, 500 e 1000 metros) rematando en sétima, oitava e novena posición respectivamente.[9] Ese ano participou nos seus primeiros Xogos Olímpicos, en Sydney. Competiu xunto a Alfredo Bea no C2 nas distancias de 500 e 1000 metros, logrando un diploma na primeira delas, ao finalizaren en cuarto lugar, ás portas das medallas.[10]

En 2001 competiu en catro categorías no Europeo celebrado en Milán. Logrou dúas medallas xunto a Alfredo Bea: unha prata en C2 1000 e un bronce en C2 500. Ademais competiu nesas mesmas distancias no equipo de C4 formado por eles dous máis David Cal e José Manuel Crespo, finalizando en sétima e sexta posición.[11] No Mundial dese ano, en Polonia, volveu colgarse outra medalla, unha prata no C2 1000 metros.[12] Ao ano seguinte participou no Europeo en Szeged e no Mundial en Sevilla, sen lograr subir ao podio e obtendo tres quintos postos.[13]

En 2003 quedou cun sexto e un sétimo posto no Mundial de Gainesville, nos Estados Unidos. Ademais de en augas tranquilas, ese ano participou na modalidade de maratón, logrando xunto a Bea en Valladolid a medalla de prata no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón.[14] Ao ano seguinte participou nos seus segundos Xogos, en Atenas 2004. Rematou cun sétimo posto no C2 1000, mentres que nos 500 metros non logrou meterse na final.[15][16]

A súa seguinte medalla chegou en 2008, no Mundial de maratón celebrado na República Checa, onde gañou o bronce formando parella con Ángel Rivademar.[17] Ao ano seguinte, co mesmo compañeiro gañou a prata no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón, en Polonia, ao chegaren á meta segundos por detrás de Óscar Graña e Ramón Ferro.[18] Repetiron prata no Mundial dese ano en Portugal.[19] En 2010 competiu no Europeo de Augas Tranquilas celebrado na localidade asturiana de Trasona, no equipo de C4 formado por el, Tono Campos, Diego Romero e Damián Ramos. Finalizaron en sétimo lugar.[20]

Vida persoal

editar

Diplomouse en Maxisterio en Educación física e obtivo o Grao en Fisioterapia da Universidade de Vigo.[3] Está casado coa piragüista Teresa Portela, seis veces olímpica e medallista en Toquio 2020, xunto á que rexenta unha clínica de fisioterapia no Grove.[21] Teñen unha filla, Naira, nada en 2014.[22]

Recoñecementos

editar

En 2010 foi galardoado coa medalla de bronce da Real Orde do Mérito Deportivo.[23] En 2011 foi nomeado fillo predilecto do Grove.[24]

Palmarés internacional

editar
Piragüismo en augas tranquilas
Campionato do Mundo
Ano Lugar Medalla Competición
2001 Poznan (  Polonia)   Prata C2 1000 m
Campionato de Europa
Ano Lugar Medalla Competición
1999 Zagreb (  Croacia)   Bronce C2 500 m
2001 Milán (  Italia)   Bronce C2 500 m
2001 Milán (  Italia)   Prata C2 1000 m
Piragüismo en maratón
Campionato do Mundo
Ano Lugar Medalla Competición
2003 Valladolid (  España)   Prata C2
2008 Týn nad Vltavou (  República Checa)   Bronce C2
2009 Crestuma (  Portugal)   Prata C2
Campionato de Europa
Ano Lugar Medalla Competición
2009 Ostróda (  Polonia)   Prata C2
  1. "Teresa Portela: el sprint olímpico de una "supermujer" olímpica". La Opinión Coruña (en castelán). 1 de agosto de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  2. "Padres y deportistas de élite". El País. Consultado o 18 de novembro de 2019. [Ligazón morta]
  3. 3,0 3,1 "Mascato & Portela". Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  4. "Resultados de Bari 1997" (PDF). www.cijm.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xuño de 2014. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  5. "Resultados de Cidade de México 1994". CanoeResults (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  6. "Resultados de Szeged 1998". CanoeResults (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  7. "Resultados de Zagreb 1999". CanoeResults (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  8. en. "Resultados de Milán 1999". CanoeResults. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  9. "Resultados de Poznan 2000". CanoeResults (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  10. "Resultados de piragüismo en Sydney 2000" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  11. "Resultados de Milán 2001". CanoeResults (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  12. "Resultados de Poznan 2001". CanoeResults (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  13. "Resultados de Szeged 2002". CanoeResults (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  14. "Resultados de Valladolid 2003" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  15. "Resultados de piragüismo en Atenas 2004" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  16. "El joven palista gallego David Cal, campeón olímpico de C-1 en 1.000 metros y medalla de plata en 500" (en castelán). 27 de agosto de 2004. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  17. "Resultados de Tyn nad Vltavou 2008" (PDF). CanoeICF. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  18. "Resultados de Ostróda 2009" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  19. "Resultados de Gaia 2009" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  20. "Resultados de Trasona 2010". CanoeResults (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  21. "Teresa Portela, una vida en el Olimpo: "He aprendido a valorar los cuartos puestos"". Marca (en castelán). 1 de setembro de 2019. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  22. "Los piragüistas Teresa Portela y David Mascato ya son papás". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de marzo de 2014. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  23. "David Mascato y Fredi Bea ingresan en la Real Orden del Mérito Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de maio de 2010. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  24. "La corporación acuerda nombrar hijo predilecto al piragüista olímpico Mascato". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de marzo de 2011. Consultado o 21 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar