Dasypus sabanicola
Dasypus sabanicola, coñecido vulgarmente como armadillo da sabana, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados e da súa única familia, a dos dasipódidos,[2] endémico da rexión dos Llanos en Colombia e Venezuela.[1]
Dasypus sabanicola Armadillo da sabana | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Dasypus sabanicola Mondolfi, 1968 | |||||||||||||||||||||
Distribución de Dasypus sabanicola
|
Descrición
editarAlcanza os 60 cm de lonxitude e pesa 9,5 kg. Ten moi pouco pelo.
Bioloxía
editarHábitat e distribución
editarVive na sabana, en matogueiras, áreas abertas e cerca de formacións de pedra calcaria, entre os 25 e os 200 m de altitude.[3][4]
Dasypus sabanicola habita nos Llanos de Colombia e Venezuela; pódese encontrar en pasteiros abertos ou en zonas de matogueiras. zonas de terras baixas e de altitude media. Cada animal ocupa entre 1,7 e 11,6 hectáreas.[5]
Nutrición
editarComo outros armadillos, aliméntase sobre todo de formigas e térmites.[1]
Reprodución
editarAs femias paren catro crías por camada, que son monocigóticos (xeneticamente idénticos), xa que estes armadillos caracterízanse por un modo de reprodución, a poliembrionía obrigatoria, única entre os vertebrados, que se comprobou nas catro especies do xénero Dasypus en que se investigou.
No fenómeno da poliembrionía monocigótica, un óvulo fecundado único dá lugar á formación de varios embrións (neste caso catro) por partición do blastocisto en varias partes iguais despois da súa implantación no útero.
Non existen datos sobre a idade na que se alvanza a madurez sexual de D. sabanicola. Pero nunha especie emparentada, Dasypus hybridus, estímase que se produce aos 4 anos, polo que se sospeita que a de D. sabanicola será similar.[1]
Taxonomía
editarA especie Dasypus sabanicola foi descrita hai pouco tempo, en 1968, polo biólogo e ecólogo venezolano Edgardo Mondolfi Otero, especializado en terioloxía (estudo dos mamíferos), nun traballo publicado en Mem. Soc. Cienc. Nat. La Salle 27: 151.[2] Non se coñecen subespecies.
Estado de conservación
editarA Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) vén cualificando desde 2006 o status desta especie como LC (pouco preocupante), cualificación que mantén na actualidade (2016). Porén, a súa área de distribución está restrinxida ás chairas de inundación (llanos) de Colombia e Venezuela, ecosistema que está afectado seriamente pola conversión deste hábitat para establecer cultivos agroindustriais, plantacións e produción de biocombustíbeis, e que se espera que este impacto aumente significativamente durante a próxima década. O uso de produtos agroquímicos está reducindo seriamente a dispoñibilidade de insectos, a principal fonte de alimento de Dasypus sabanicola, afectando así aínda máis á súa poboación. Ademais, hai evidencias de que sofre caza severa en varias partes da súa área, e é a especie de armadillo máis buscada polos cazadores nos llanos de Colombia. En Colombia, os labregos informaron un descenso dos avistamentos desta especie, pero debido á falta de traballo de campo, a diminución da poboación é difícil de cuantificar. Estes factores garanten unha avaluición preventiva de NT (case ameazada).[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Superina, M.; Trujillo, F.; Arteaga, M. & Abba, A. M. (2014): Dasypus sabanicola na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 2 de febreiro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Dasypus sabanicola no MSW.
- ↑ Eisenberg, J. F. (1989): Mammals of the Neotropics. The Northern Neotropics. Chicago: The University of Chicago Press.
- ↑ Morales-Jiménez, A. L., Sánchez, F., Poveda, K. & Cadena, A. (2004): Mamíferos terrestres y voladores de Colombia, guía de campo. Bogotá: Ramos López Editorial.
- ↑ Fergusson-Laguna, A. (1984): El cachicamo sabanero. Caracas: Fondo Editorial.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dasypus sabanicola |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dasypus sabanicola |
Bibliografía
editar- McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Dasypus sabanicola en Genus Dasypus, en Armadillo-online.org (en inglés)
- Dasypus sabanicola na ADW.
- Dasypus sabanicola na EOL.