Dario Calomino
Dario Calomino, nado o 8 de decembro de 1977 en Verona, é un numismático e arqueólogo Italiano especializado na moeda republicana e imperial romana, e nas emisións provinciais romanas.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1977 Verona, Italia |
País de nacionalidade | Italiano. |
Educación | Universidade de Padua. Universidade de Verona. |
Q89547790 | Estudos de moeda da Antiga Roma. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | arqueólogo clásico |
Premios | |
(2018): Premio Lhotka (RNS). |
Traxectoria
editarCalamino concluíu o ensino secundario no Liceo Classico Statale Scipione Maffei, de Verona, en 1996; logo graduouse de Estudos Clásicos e Arqueoloxía Clásica na Universidade de Padua, e acadou o mestrado en Arqueoloxía Romana en 2002, cun traballo sobre a romanización do Véneto. Posteriormente doutorouse en Ciencias Históricas e Antropolóxicas na Universidade de Verona en 2009, coa tese sobre as cuñaxes de Nicopolis en Epiro, dirixida por Alfredo Buonopane.[1][2][3]
Entre 2003 e 2011, Calamino traballou como investigador en diversos museos públicos italianos (Verona, Venecia, Piacenza, Rovereto, Brescia e Roma), estudando e catalogando as súas coleccións de moeda republicana e imperial romana, e de emisións provinciais romanas.[2] Entre 2012 e 2017 ingresou como investigador no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[3]
Simultaneamente, a partir de 2004 comezou a súa actividade docente como profesor axudante en materia numismática nas universidades de Padua e de Verona,[1] e no departamento de Arqueoloxía do King's College, da Universidade de Londres.[2][3]
Como arqueólogo, entre outros labores en Libia, Italia e Tunisia, participou en escavacións nos sitios arqueolóxicos-púnico-romanos de Sant'Antioco e Nora (Sardeña), na vila romana de Montegrotto Terme (Padua) e no foro romano de Grumentum (Lucania).[2][3]
Entre outras entidades asociativas e académicas, Calamino é membro da British Academy e da Royal Numismatic Society, de Londres.[2][3]
Recoñecementos
editar- (2018): Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society, de Londres.[4]
Publicacións
editarEsta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos publicados por Dario Calamino ao longo da súa carreira:[5][6]
- (2010). Some hitherto unidentified Roman provincial issues among the coin finds of Nicopolis. Separata de Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society, Londres.
- (2011). Nicopolis d'Epiro: nuovi studi sulla zecca e sulla produzione monetale. BAR, Oxford. ISBN 9781407307725
- (2013). Die-sharing in Moesia Inferior under Gordian III. Separata de Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society, Londres.
- (2014). Le monete Romane provinciali della collezione De Sanctis Mangelli. Parte 1 (con G. A. Bufalini). Istituto Poligrafico e Zecca Dello Stato, Roma.
- (2015). Emperor or god?: the posthumous commemoration of Augustus in Rome and the provinces. Separata de Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society, Londres.
- (2015). Studies in ancient coinage in honour of Andrew Burnett (con Bland, R., eds.). Spink & Son. Londres. ISBN 978-1907427572
- (2016). Defacing The Past: Damnation and Desecration in Imperial Rome. British Museum / Spink. Londres. ISBN 978-1907427732
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Dario Calamino. Curriculum vitae Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Università di Verona.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Calamino, Dario". En Coins Weekly. 15 de marzo de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Dario Calomino". Academia.edu
- ↑ "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Calomino, Dario 1977- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Calomino, Dario". WorldCat Identities.