Damion James

baloncestista estadounidense

Damion Marquez Williams James, nado o 7 de outubro de 1987 en Hobbs, Novo México, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Na universidade xogou para o equipo de baloncesto da Universidade de Texas.

Damion James
Información persoal
Nacemento 7 de outubro de 1987 (36 anos)
Hobbs, Novo México
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Posición Ala / Escolta
Información da carreira
Instituto Nacogdoches (Nacogdoches, Texas)
Universidade Texas (2006–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 24
Por Atlanta Hawks
Carreira 2010–2018
Historial de equipos
New Jersey Nets (2010–2012)
Bakersfield Jam (2012–2013)
Brooklyn Nets (2013)
Bakersfield Jam (2013–2014)
Texas Legends (2014)
San Antonio Spurs (2014)
Texas Legends (2014–2015)
Alaska Aces (2015)
Le Mans Sarthe Basket (2015)
Sydney Kings (2015)
Cangrejeros de Santurce (2016)
Guaros de Lara (2016)
Cariduros de Fajardo (2017)
Hapoel Eilat (2017)
Capitanes de Arecibo (2018)
Cariduros de Fajardo (2018)
Vaqueros de Bayamón (2018)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2014)

Traxectoria deportiva editar

NBA editar

James foi seleccionado polos Atlanta Hawks na 24ª posición do Draft da NBA de 2010. Os seus dereitos foron traspasados aos New Jersey Nets a cambio dos dereitos da 27ª elección do draft, Jordan Crawford, e da 31ª elección, Tibor Pleiss, do draft dese mesmo ano. Despois os Hawks traspasarían a Pleiss aos Oklahoma City Thunder. O 9 de decembro de 2010, James xogou o seu primeiro encontro de titular contra os Dallas Mavericks.

En setembro de 2012, James asinou cos Atlanta Hawks,[1] pero foi cortado o 27 de outubro de 2012.

O 3 de abril de 2014, asinou un contrato de dez días cos San Antonio Spurs.[2] O 13 de abril de 2014, asinou cos Spurs para o resto da tempada.[3] O 15 de xuño de 2014, James gañou o seu primeiro campionato da NBA despois de que os Spurs gañaran ós Miami Heat por 4-1 nas Finais da NBA de 2014.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar