Vaqueros de Bayamón

Os Vaqueros de Bayamón son un equipo de baloncesto profesional da cidade de Bayamón en Porto Rico. Son membros do Baloncesto Superior Nacional (BSN), a liga de Porto Rico. O equipo foi fundado en 1930 e son o equipo con máis éxito na historia da liga con 15 títulos conseguidos, o máis recente deles acadado no ano 2020.

Vaqueros de Bayamón
Información xeral
Liga BSN
Fundación 1930
Historia Vaqueros de Bayamón
(1930–presente)
Cores                Azul mariño, laranxa e branco
Adestrador Nelson Colón
Localización
Cidade Bayamón, Porto Rico
Pavillón Coliseo Rubén Rodríguez
Capacidade 12.000
Inauguración 1988
Campionatos
Liga 15 (1933, 1935, 1967, 1969, 1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1981, 1988, 1995, 1996, 2009, 2020)
vaquerosbsn.net

Pavillón editar

Os Vaqueros de Bayamón xogan os seus partidos como locais no Coliseo Rubén Rodríguez, nomeado así polo xogador de baloncesto de Rubén Rodríguez, que xogou 23 tempadas nos Vaqueros, nas que conseguiu 9 campionatos e numerosos récords da competición. O Coliseo inaugurouse en 1988 e é o terceiro recinto cuberto con maior capacidade de Porto Rico, xa que pode albergar ata a 13.000 espectadores.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar