Découvertes Gallimard
«Découvertes Gallimard» (Francés: [dekuvɛʁt ɡalimaːʁ], literalmente «Descubrimentos Gallimard»; publicada en España como «Aguilar Universal», «Biblioteca de bolsillo CLAVES» e «Biblioteca ilustrada») é unha colección enciclopédica de libros de peto ilustrados sobre unha variedade de temas. Foi publicada o 21 de novembro de 1986 polas Éditions Gallimard co primeiro volume À la recherche de l'Égypte oubliée (lit. «Á busca do Exipto esquecido»), escrito polo exiptólogo francés Jean Vercoutter.[1] A colección contén actualmente máis de 700 libros.
Découvertes Gallimard | |
---|---|
![]() A nova edición de «Découvertes Gallimard» | |
Autor/a | Varios autores |
Orixe | ![]() |
Lingua | Francés |
Tema(s) | Humanidades |
Xénero(s) | Enciclopedia |
Editorial | Éditions Gallimard |
Data de pub. | ![]() |
[ editar datos en Wikidata ] |
Visión xeral Editar
O formato A6 (125 × 178 mm) é utilizado para estes mini libros e impreso en papel recuberto, groso e satinado, ricamente decorado con ilustracións a toda cor, desde o que saltan dúas ou tres imaxes por páxina. Cada libro está composto por unha monografía e céntrase nun tema en particular, toda a colección abarca todas as áreas de coñecemento e experiencia humana, coas contribucións de 502 especialistas.[3] Usan xeralmente a liña de tempo e perspectivas históricas para describir un tema, por exemplo, o 174º título Compostelle : Le grand chemin, que narra en orde cronolóxica para presentar a historia do Camiño de Santiago, e unha antoloxía da arte románica. Case todos os volumes seguen o mesmo método, polo tanto, a historia é o elemento esencial da perspectiva para esta obra.
Críticas Editar
A revista cultural francesa Télérama eloxiou a colección: «Os volumes de ‹Découvertes Gallimard› toman o suspense do cine, teñen a eficiencia do xornalismo, o temperamento literario é o seu encanto, e a arte é a súa beleza.»[3]
Notas Editar
- ↑ Éditions Gallimard (ed.). "À la recherche de l'Égypte oubliée, collection Découvertes Gallimard (n° 1)". gallimard.fr (en francés). Consultado o 5 de maio de 2017.
- ↑ "Compostelle, le grand chemin, collection Découvertes Gallimard (n° 174)" (en francés). Éditions Gallimard. Consultado o 5 de maio de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 Éditions Gallimard (ed.). "Collection Découvertes Gallimard". gallimard.fr (en francés). Consultado o 5 de maio de 2017.
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Découvertes Gallimard |